RT Dissertation/Thesis T1 A redefinición da política de control de fronteiras da Unión Europea á luz da crise de refuxiados A1 Durán Suárez, Carlos K1 Unión Europea K1 Espazo de Liberdade Seguranza e Xustiza K1 Sistema Integrado de Xestión das Fronteiras Exteriores K1 Frontex K1 Política Común de Asilo AB O presente traballo de investigación constitúe un percorrido crítico polos cambios experimentados na política de control de fronteiras e de asilo da Unión Europea como consecuencia da crise de refuxiados afrontada por Europa na pasada década. As orixes da crise poden situarse nos movementos de desprazados producidos polos conflitos que tiveron lugar, desde 2011, en varios países do norte de África e de Oriente próximo, na denominada Primavera Árabe. A rápida deterioración da situación en varios países da rexión conduciría en último termo a enfrontamentos civís que desembocarían na chegada masiva ás fronteiras exteriores europeas de máis dun millón de persoas, fundamentalmente por vía marítima, provocando unha crise humanitaria sen precedentes. Como consecuencia, produciuse o colapso dos sistemas de control de fronteiras e de recepción de solicitantes de asilo nas seccións da fronteira exterior europea máis expostas pola súa situación xeográfica. Mentres, a nivel interno, os movementos secundarios conducirían a reintrodución dos controis fronteirizos no interior do espazo Schengen. YR 2024 FD 2024 LK https://hdl.handle.net/10347/38937 UL https://hdl.handle.net/10347/38937 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026