Cumprimento e adhesión á ordenación do marisqueo en contextos institucionais concretos: ánalise do furtivismo marisqueiro en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Nesta tese desenvolveuse unha liña de investigación sobre o furtivismo marisqueiro en Galicia, o cal foi entendido como a falta de adhesión voluntaria á ordenación marisqueira . A achega central deste traballo foi presentar as potencialidades da co-xestión dos recursos nas comunidades marisqueiras galegas, enfatizando a súa capacidade para intervir na xestión adaptada do furtivismo. Catro vectores de estudo foron abordados nesta tese: a) Explorouse o ambiente institucional comunitario e os arranxos informais que se poden materializar neses contextos; b) ao redor da esfera institucional informal e da súa influencia na xestión, foi abordada a posible tolerancia do furtivismo nas comunidades de mar; c) profundouse no estudo dos lindes da comunidade definíndoos segundo a percepción das mariscadoras e mariscadores galegos; d) Satisfacendo a premisa de que cada tipo de furtivo debe ser combatido dun modo adaptado, elaborouse unha clasificación de furtivos, exclusiva e exhaustiva. Esta clasificación non só viu a encher un baleiro teórico na literatura sobre furtivismo, ademais creouse co fin de orientar políticas de acción especificas que melloren a xestión adaptada do furtivismo marisqueiro.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








