RT Dissertation/Thesis T1 Cumprimento e adhesión á ordenación do marisqueo en contextos institucionais concretos: ánalise do furtivismo marisqueiro en Galicia A1 Martínez Ballesteros, Hugo K1 Furtivismo, co-xestión, xestión informal K1 Tolerancia, tipoloxía, adhesión, comunidade K1 Poaching: co-management, informal management, social acceptance K1 Typology, non-compliance, community AB Nesta tese desenvolveuse unha liña de investigación sobre o furtivismo marisqueiro en Galicia, o cal foi entendido como a falta de adhesión voluntaria á ordenación marisqueira . A achega central deste traballo foi presentar as potencialidades da co-xestión dos recursos nas comunidades marisqueiras galegas, enfatizando a súa capacidade para intervir na xestión adaptada do furtivismo. Catro vectores de estudo foron abordados nesta tese: a) Explorouse o ambiente institucional comunitario e os arranxos informais que se poden materializar neses contextos; b) ao redor da esfera institucional informal e da súa influencia na xestión, foi abordada a posible tolerancia do furtivismo nas comunidades de mar; c) profundouse no estudo dos lindes da comunidade definíndoos segundo a percepción das mariscadoras e mariscadores galegos; d) Satisfacendo a premisa de que cada tipo de furtivo debe ser combatido dun modo adaptado, elaborouse unha clasificación de furtivos, exclusiva e exhaustiva. Esta clasificación non só viu a encher un baleiro teórico na literatura sobre furtivismo, ademais creouse co fin de orientar políticas de acción especificas que melloren a xestión adaptada do furtivismo marisqueiro. YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/16701 UL http://hdl.handle.net/10347/16701 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026