Golding’s Metaphysics: William Golding’s Novels in the Light of Arthur Schopenhauer’s Philosophy
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese analiza as preocupacións metafísicas do novelista británico William Golding a
través do prisma da filosofía de Arthur Schopenhauer, coa cal ten importantes puntos en
común: o asombro metafísico que leva á procura da esencia do mundo, as preocupacións
morais e un suposto pesimismo que vai contra toda esperanza utópica. Após ofrecer una
visión panorámica do tratamento que esas preocupacións teñen recibido pola crítica, e da
teoría metafísica de Schopenhauer, a tese examina os aspectos das novelas de Golding que
coinciden con esta. En primeiro lugar analízanse as clases de coñecemento — racional e non
racional — de que os seus personaxes dispón, e a súa capacidade para atinxir unha
comprensión metafísico do mundo. A seguir examínase o tratamento que Golding dá ás
descricións do mundo fornecidas pola ciencia, a arte e a relixión. Esta última pon o foco na
esencia do mundo, a miúdo conceptualizándoa como unha vontade todopoderosa e amoral.
Como a vontade esencial é un impulso que non pode ser satisfeito e no cal ten as súas raíces o
carácter innato e inmutable de cada un dos individuos, para Golding a vida humana
caracterízase pola agresión mutua e a dor. A pesar de ofrecer varias maneiras de evitar o
sufrimento — a contemplación estética, o altruísmo compasivo, a morte e a represión moral e
física — Golding suxire que, coa excepción da morte, estas só poden mitigar a dor, nunca
pórlle fin; de aí o seu pesimismo e o rexeitamento de toda solución utópica. Todos estes
aspectos das súas novelas coinciden coa filosofía de Schopenhauer. Porén, Golding introduce
pouco a pouco unha serie de elementos que difiren da visión do mundo a que Schopenhauer
deu expresión filosófica: a primeira mudanza prodúcese cando as novelas de Golding afirman
que o carácter moral das persoas, lonxe de depender dunha vontade inmutable que excede o
individuo, veñen determinados pola libre escolla individual; despois Golding cuestiona a
posibilidade de coñecer a esencia do mundo; finalmente, Golding abre a porta á posibilidade
de que as decisións libres dos individuos dean lugar a unha comunidade utópica non
gobernada pola competición e a represión. Aparte destes elementos, as súas novelas conteñen
outro que non está incluído no modelo de Schopenhauer: a divindade. O estudo das novelas
de Golding acaba explorando o lugar que a divindade ocupa nelas, e que pode resumirse
afirmando que a caracterización das deidades de que fala o autor coincide nos seus trazos
esenciais coa caracterización da vontade esencial, e que, por tanto, a única función desas
deidades nas novelas é dar testemuño das crenzas relixiosas de Golding e de moitos dos seus
personaxes.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







