RT Dissertation/Thesis T1 Golding’s Metaphysics: William Golding’s Novels in the Light of Arthur Schopenhauer’s Philosophy A1 Saavedra Carballido, Jesús M. A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, K1 William Golding K1 Arthur Schopenhauer’s Philosophy K1 novela K1 metafísica AB Esta tese analiza as preocupacións metafísicas do novelista británico William Golding através do prisma da filosofía de Arthur Schopenhauer, coa cal ten importantes puntos encomún: o asombro metafísico que leva á procura da esencia do mundo, as preocupaciónsmorais e un suposto pesimismo que vai contra toda esperanza utópica. Após ofrecer unavisión panorámica do tratamento que esas preocupacións teñen recibido pola crítica, e dateoría metafísica de Schopenhauer, a tese examina os aspectos das novelas de Golding quecoinciden con esta. En primeiro lugar analízanse as clases de coñecemento — racional e nonracional — de que os seus personaxes dispón, e a súa capacidade para atinxir unhacomprensión metafísico do mundo. A seguir examínase o tratamento que Golding dá ásdescricións do mundo fornecidas pola ciencia, a arte e a relixión. Esta última pon o foco naesencia do mundo, a miúdo conceptualizándoa como unha vontade todopoderosa e amoral.Como a vontade esencial é un impulso que non pode ser satisfeito e no cal ten as súas raíces ocarácter innato e inmutable de cada un dos individuos, para Golding a vida humanacaracterízase pola agresión mutua e a dor. A pesar de ofrecer varias maneiras de evitar osufrimento — a contemplación estética, o altruísmo compasivo, a morte e a represión moral efísica — Golding suxire que, coa excepción da morte, estas só poden mitigar a dor, nuncapórlle fin; de aí o seu pesimismo e o rexeitamento de toda solución utópica. Todos estesaspectos das súas novelas coinciden coa filosofía de Schopenhauer. Porén, Golding introducepouco a pouco unha serie de elementos que difiren da visión do mundo a que Schopenhauerdeu expresión filosófica: a primeira mudanza prodúcese cando as novelas de Golding afirmanque o carácter moral das persoas, lonxe de depender dunha vontade inmutable que excede oindividuo, veñen determinados pola libre escolla individual; despois Golding cuestiona aposibilidade de coñecer a esencia do mundo; finalmente, Golding abre a porta á posibilidadede que as decisións libres dos individuos dean lugar a unha comunidade utópica nongobernada pola competición e a represión. Aparte destes elementos, as súas novelas conteñenoutro que non está incluído no modelo de Schopenhauer: a divindade. O estudo das novelasde Golding acaba explorando o lugar que a divindade ocupa nelas, e que pode resumirseafirmando que a caracterización das deidades de que fala o autor coincide nos seus trazosesenciais coa caracterización da vontade esencial, e que, por tanto, a única función desasdeidades nas novelas é dar testemuño das crenzas relixiosas de Golding e de moitos dos seuspersonaxes. YR 2016 FD 2016-05-23 LK http://hdl.handle.net/10347/14767 UL http://hdl.handle.net/10347/14767 LA eng DS Minerva RD 30 abr 2026