Golding’s Metaphysics: William Golding’s Novels in the Light of Arthur Schopenhauer’s Philosophy

dc.contributor.advisorBarbeito Varela, José Manuel
dc.contributor.authorSaavedra Carballido, Jesús M.
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá
dc.date.accessioned2016-05-23T09:24:00Z
dc.date.available2016-05-23T09:24:00Z
dc.date.issued2016-05-23
dc.description.abstractEsta tese analiza as preocupacións metafísicas do novelista británico William Golding a través do prisma da filosofía de Arthur Schopenhauer, coa cal ten importantes puntos en común: o asombro metafísico que leva á procura da esencia do mundo, as preocupacións morais e un suposto pesimismo que vai contra toda esperanza utópica. Após ofrecer una visión panorámica do tratamento que esas preocupacións teñen recibido pola crítica, e da teoría metafísica de Schopenhauer, a tese examina os aspectos das novelas de Golding que coinciden con esta. En primeiro lugar analízanse as clases de coñecemento — racional e non racional — de que os seus personaxes dispón, e a súa capacidade para atinxir unha comprensión metafísico do mundo. A seguir examínase o tratamento que Golding dá ás descricións do mundo fornecidas pola ciencia, a arte e a relixión. Esta última pon o foco na esencia do mundo, a miúdo conceptualizándoa como unha vontade todopoderosa e amoral. Como a vontade esencial é un impulso que non pode ser satisfeito e no cal ten as súas raíces o carácter innato e inmutable de cada un dos individuos, para Golding a vida humana caracterízase pola agresión mutua e a dor. A pesar de ofrecer varias maneiras de evitar o sufrimento — a contemplación estética, o altruísmo compasivo, a morte e a represión moral e física — Golding suxire que, coa excepción da morte, estas só poden mitigar a dor, nunca pórlle fin; de aí o seu pesimismo e o rexeitamento de toda solución utópica. Todos estes aspectos das súas novelas coinciden coa filosofía de Schopenhauer. Porén, Golding introduce pouco a pouco unha serie de elementos que difiren da visión do mundo a que Schopenhauer deu expresión filosófica: a primeira mudanza prodúcese cando as novelas de Golding afirman que o carácter moral das persoas, lonxe de depender dunha vontade inmutable que excede o individuo, veñen determinados pola libre escolla individual; despois Golding cuestiona a posibilidade de coñecer a esencia do mundo; finalmente, Golding abre a porta á posibilidade de que as decisións libres dos individuos dean lugar a unha comunidade utópica non gobernada pola competición e a represión. Aparte destes elementos, as súas novelas conteñen outro que non está incluído no modelo de Schopenhauer: a divindade. O estudo das novelas de Golding acaba explorando o lugar que a divindade ocupa nelas, e que pode resumirse afirmando que a caracterización das deidades de que fala o autor coincide nos seus trazos esenciais coa caracterización da vontade esencial, e que, por tanto, a única función desas deidades nas novelas é dar testemuño das crenzas relixiosas de Golding e de moitos dos seus personaxes.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14767
dc.language.isoenggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectWilliam Goldinggl
dc.subjectArthur Schopenhauer’s Philosophygl
dc.subjectnovelagl
dc.subjectmetafísicagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literariogl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620203 Estilo y estética literariosgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::72 Filosofía::7203 Filosofía general::720303 Metafísica, ontologíagl
dc.titleGolding’s Metaphysics: William Golding’s Novels in the Light of Arthur Schopenhauer’s Philosophygl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication18917d18-897c-443d-9e44-86eb0dab7237
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery18917d18-897c-443d-9e44-86eb0dab7237

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_1182.pdf
Size:
35.89 MB
Format:
Adobe Portable Document Format