Gamificando matemáticas a través das tic: unha proposta efectiva e afectiva
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)
Abstract
O obxectivo principal deste traballo é levar a cabo o deseño dunha proposta didáctica enmarcada na área das Matemáticas en 3º curso de Educación Primaria tomando como eixo vertebral da mesma a metodoloxía da gamificación a través do emprego das TIC, destacando a súa importancia como elementos útiles para mellorar a afectividade e a aprendizaxe do alumnado cara esta materia.
A proposta consiste unha intervención pedagóxica mediante o emprego da gamificación e das TIC, deseñada seguindo os traballos máis relevantes sobre o emprego das mesmas como ferramentas eficaces no ensino e aprendizaxe das Matemáticas. Para o deseño desta proposta utilízanse varias plataformas en liña dispoñibles (Genially, Kahoot!, WordWall...), coas que se abordan algúns dos contidos matemáticos relacionados coas figuras planas dunha forma dinámica e accesible.
Finalmente, tras aplicar a proposta presentada e mediante a recompilación de datos e o uso de cuestionarios antes e despois da intervención, analízanse os resultados obtidos co grupo avaliando así a efectividade da mesma.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Salgueiro, C., Castiñeira Veiga, G. (2023). Gamificando matemáticas a través das tic: unha proposta efectiva e afectiva. Boletín das Ciencias, 96, 61-62
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
O autor Gonzalo Castiñeira Veiga foi financiado polo Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2021-2023, referencia PID2021-122326OB-I00.
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International








