Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxíagl
dc.contributor.authorBlanco Casás, Antón
dc.contributor.tutorCasas Vales, Arturo
dc.date.accessioned2019-01-23T12:35:15Z
dc.date.available2019-01-23T12:35:15Z
dc.date.issued2018
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2017-2018gl
dc.description.abstractO presente TFG tomará como punto de partida e eixe central a novela Antón e os inocentes (1976) de X. L. Méndez Ferrín para abordar, no campo da literatura galega, unha análise política que vaia alén do conflito da Guerra Civil. Na investigación prevese reflexionar desde a orientación marxista da socioloxía da literatura, que entende a obra literaria como o resultado dun estado de causas na sociedade. Porén, dada a dirección activista da novela, esta tamén poderá ser analizada desde o punto de vista (ou ben oposto ou ben complementario) da obra literaria como motor revolucionario capaz de dotar de discurso histórico e político á clase proletaria no camiño cara á súa emancipación. Nesta lectura en clave política de Antón e os inocentes cumprirá prestar atención aos dispositivos de memoria histórica que nela se mostran. Será preciso tamén deterse na súa fundamentación estética, a cal se deberá entender no(s) contexto(s) histórico(s) en que se escribe, se edita e se reedita a novela. Por esta banda haberá que comprender ben o limiar que o mesmo Ferrín fai á reedición de 1986 e posteriores reedicións. lsto abrirá a posibilidade de rastrexar a vagaxe histórica da tradición política da que participa o escritor ourensán, en especial na pista do que se acabou convertendo no colectivo Redes Escarlata. En conclusión, tratarase de buscar argumentos, como indica o título deste TFG , que sosteñan (ou non) o salto que dá o proletariado galego na obra de Méndez Ferrín, en concreto en Antón e os inocentes, para pasar de ser un recurso case costumista na literatura galega a ser o suxeito político e literario central, en quen recae a responsabilidade histórica de avanzar cara a un mundo mellargl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/18132
dc.language.isoglggl
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectSocioloxía da literaturagl
dc.subjectLiteratura galegagl
dc.subjectXosé Luis Méndez Ferríngl
dc.subjectProletariadogl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literariasgl
dc.titleAntón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e políticogl
dc.typebachelor thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationd1d019a0-12c5-40b9-b910-ead61c3a7e07
relation.isTutorOfPublicationd1d019a0-12c5-40b9-b910-ead61c3a7e07
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscoveryd1d019a0-12c5-40b9-b910-ead61c3a7e07

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
TFG_2017_2018_Galego_Blanco_Casas_Anton.pdf
Size:
1.36 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: