Celestino Fernández de la Vega e as súas publicacións no diario lucense "El Progreso"
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Celestino Fernández de la Vega (1914-1986) destaca pola súa gran implicación coa cultura e coa cidade de Lugo. A pesares do seu labor como tradutor, ensaísta, filósofo, promotor dos faladoiros e de actividades e institucións tanto culturais como deportivas e gran articulista en El Progreso e outros xornais, é unha personalidade pouco coñecida e mencionada nas aulas. O estudo da súa faceta articulista como colaborador do xornal El Progreso, a menos coñecida, pretende afondar no coñecemento dunha personalidade polifacética Fixouse o límite cronolóxico entre 1934 a 1956, centrándose nos temas a noción de cultura, a visión da cidade de Lugo e tamén da prensa en xeral, así como algo que chamou poderosamente a nosa atención: as reflexións do Celestino Fernández de la Vega máis novo sobre as mulleres. A pesares de dar mostras dun machismo certamente lamentable na primeira etapa, non hai que esquecer que por aqueles tempos esa mentalidade era compartida por moitas persoas, tanto homes coma mulleres. Isto non desmerece a súa obra, que foi de grande calidade e moi relevante para a cultura galega. A análise feita amosa tamén que o seu talante cambiou, probablemente debido á experiencia traumática da Guerra Civil. CFV reaparece no xornal como un home maduro e moi sensible, sempre atento aos acontecementos culturais da súa cidade: o seu refuxio



