A figura de Diotima no "Simposio" de Platón
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Neste traballo preténdese ofrecer os resultados dunha lectura detida do discurso
de Diotima no Banquete de Platón. Trátase dun traballo de interpretación en hipótese xa
que un estudo da situación actual da investigación ao redor da súa figura non permite
asegurar se nos atopamos fronte a unha personaxe feminina real ou ficticia. O feito de que sexa unha muller a que pronuncia o discurso é salientable no contexto no que este se inclúe, mais resulta complexo chegar a unha descrición precisa da realidade que se
esconde tras ela.
En concreto, a finalidade do presente traballo é a de estudar a figura de Diotima
por medio das palabras que Platón lles ofrece aos seus beizos e das diferentes teorías
que tratan de comprender mellor quen se agocha detrás desa máscara de muller
Description
Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2014-2015








