RT Generic T1 A figura de Diotima no "Simposio" de Platón A1 García Sánchez, Lúa K1 Literatura grega K1 Platón K1 Diotima K1 Banquete AB Neste traballo preténdese ofrecer os resultados dunha lectura detida do discursode Diotima no Banquete de Platón. Trátase dun traballo de interpretación en hipótese xaque un estudo da situación actual da investigación ao redor da súa figura non permiteasegurar se nos atopamos fronte a unha personaxe feminina real ou ficticia. O feito de que sexa unha muller a que pronuncia o discurso é salientable no contexto no que este se inclúe, mais resulta complexo chegar a unha descrición precisa da realidade que seesconde tras ela.En concreto, a finalidade do presente traballo é a de estudar a figura de Diotimapor medio das palabras que Platón lles ofrece aos seus beizos e das diferentes teoríasque tratan de comprender mellor quen se agocha detrás desa máscara de muller YR 2015 FD 2015 LK http://hdl.handle.net/10347/13874 UL http://hdl.handle.net/10347/13874 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2014-2015 DS Minerva RD 28 abr 2026