Apoio social percibido e axuste nos estudantes universitarios de primeiro ano

dc.contributor.advisorPáramo Fernández, María Fernanda
dc.contributor.advisorRodríguez González, María Soledad
dc.contributor.authorMartínez López, Zeltia
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía. Departamento de Psicoloxia Evolutiva e da Educación
dc.coverage.spatialeast=-3.74922; north=40.46366700000001; name=España
dc.date.accessioned2016-05-12T11:02:05Z
dc.date.available2016-05-12T11:02:05Z
dc.date.issued2016-05-12
dc.description.abstractA investigación a nivel internacional conceptúa o primeiro ano de universidade como un período especialmente crítico para a maioría de mozos que se atopan nunha nova etapa evolutiva, coñecida como adultez emerxente, na que deben desenvolver simultaneamente novos padróns de resposta comportamental, cognitiva e afectiva para manexar adecuadamente as novas esixencias do medio. O acceso á Educación Superior enfronta aos adultos emerxentes, en moitos casos, á separación de familia e amigos, á creación de novas redes de relacións sociais e as esixencias dunha maior autonomía. O efecto destes cambios, producidos pola descontinuidade entre a educación secundaria e universitaria, así como o aumento das demandas académicas, dificultan en boa medida a adaptación exitosa á universidade e condicionan a decisión de permanecer na mesma. Numerosos estudos, realizados fundamentalmente en países anglosaxóns, destacan o apoio social percibido como un dos factores protectores máis importantes cos que pode contar o adulto emerxente para facer fronte as experiencias perturbadoras ou adversas como a que implica a incorporación á universidade. O obxectivo do presente estudo é analizar o efecto dos sistemas de apoio social percibido sobre o axuste á Educación Superior nunha mostra de 300 universitarios españois de primeiro ano de carreira. Os estudantes completaron as versións españolas da Social Provisions Scale (SPS), o Social Support Questionnaire- Short Form (SSQ6), a Perceived Acceptance Scale (PAS) e o Student Adjustment College Questionnaire (SACQ). As análises de regresión revelan que o apoio social percibido facilita a transición exitosa á Educación Superior. En particular, os datos mostran que existe un efecto acumulativo de todas as dimensións de percepción de apoio sobre cada unha das facetas de axuste universitario, destacando como preditores significativos o reforzo da valía e a aceptación dos amigos. O sentido de apoio promove a adaptación á universidade a través do sentido de aceptación.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14725
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectadultez emerxentegl
dc.subjectuniversitarios españois de primeiro anogl
dc.subjectapoio social percibidogl
dc.subjectadaptación universitariagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::61 Psicología::6102 Psicología del niño y del adolescente::610201 Psicología evolutivagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::61 Psicología::6104 Psicopedagogía::610401 Procesos cognitivosgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::61 Psicología::6105 Evaluación y diagnóstico en psicología::610501 Psicología diferencialgl
dc.titleApoio social percibido e axuste nos estudantes universitarios de primeiro anogl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication5674e8be-fb85-4f9e-93b8-5d557e9c3e5f
relation.isAdvisorOfPublication37d4814a-2aec-4392-9398-97f1194f8c1b
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery5674e8be-fb85-4f9e-93b8-5d557e9c3e5f
relation.isAuthorOfPublication5258df08-1a06-4ab3-ad08-c2991102ca94
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery5258df08-1a06-4ab3-ad08-c2991102ca94

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_1145.pdf
Size:
14.71 MB
Format:
Adobe Portable Document Format