Apoio social percibido e axuste nos estudantes universitarios de primeiro ano
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
A investigación a nivel internacional conceptúa o primeiro ano de universidade como un período especialmente crítico para a maioría de mozos que se atopan nunha nova etapa evolutiva, coñecida como adultez emerxente, na que deben desenvolver simultaneamente novos padróns de resposta comportamental, cognitiva e afectiva para manexar adecuadamente as novas esixencias do medio. O acceso á Educación Superior enfronta aos adultos emerxentes, en moitos casos, á separación de familia e amigos, á creación de novas redes de relacións sociais e as esixencias dunha maior autonomía. O efecto destes cambios, producidos pola descontinuidade entre a educación secundaria e universitaria,
así como o aumento das demandas académicas, dificultan en boa medida a adaptación exitosa á universidade e condicionan a decisión de permanecer na mesma. Numerosos estudos, realizados fundamentalmente en países anglosaxóns, destacan o apoio social percibido como un dos factores protectores máis importantes cos que pode contar o adulto emerxente para facer fronte as experiencias perturbadoras ou adversas como a que implica a incorporación á universidade. O obxectivo do presente estudo é analizar o efecto dos sistemas de apoio social percibido sobre o axuste á Educación Superior nunha mostra de 300 universitarios españois de primeiro ano de carreira. Os estudantes completaron as versións españolas da Social Provisions Scale (SPS), o Social Support Questionnaire- Short Form (SSQ6), a Perceived Acceptance Scale (PAS) e o Student Adjustment College Questionnaire (SACQ). As análises de regresión revelan que o apoio social percibido facilita a transición exitosa á Educación Superior. En particular, os datos mostran que existe un efecto acumulativo de todas as dimensións de percepción de apoio sobre cada unha das facetas de axuste universitario, destacando como preditores significativos o reforzo da valía e a aceptación dos amigos. O sentido de apoio promove a adaptación á universidade a través do sentido de aceptación.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl








