Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acoso e vitimización escolar ás contornas dixitais, fenómeno coñecido como cyberbullying. Malia a preocupación social suscitada, a abordaxe científica desta nova problemática continua inmersa nunha serie de controversias conceptuais e operativas. Como resultado, atopámonos cunha gran variabilidade nas taxas de cyberbullying reportadas na literatura, así como numerosas inconsistencias que obstaculizan a comprensión do fenómeno. A liña de investigación baixo a cal se enmarca a presente tese de doutoramento, tivo como obxectivo levar a cabo unha avaliación do fenómeno do cyberbullying entre a poboación escolar galega. O compendio de traballos aquí presentados, pretende contribuír a dar resposta a algunhas das seguintes cuestións: (1) dispor de datos estimativos da magnitude do cyberbullying na comunidade galega, mediante o emprego de ferramentas de screening contrastadas e avaladas cientificamente; (2) obter novas evidencias empíricas mediante a análise descritiva das variables asociadas, e (3) estudar a relación entre o bullying escolar e o cyberbullying. Agardamos que as achegas acadadas neste traballo, poidan contribuír non só a mellorar a comprensión do fenómeno, senón tamén ó desenrolo de programas de prevención eficaces que orienten as actuacións para concienciar e combater ó cyberbullying

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional