RT Journal Article T1 Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney A1 Míguez López, María K1 cinema K1 Canción do Sur K1 Disney K1 racismo K1 escravitude K1 subversivo K1 ideoloxía K1 dereitos civís K1 Guerra de Secesión americana K1 tío Remus K1 Joel Chandler Harris AB Canción do Sur (Song of the South, 1946) é un filme de Walt Disneypracticamente descoñecido. Non está á venda en formato domésticoen ningún país do mundo e nos Estados Unidos é o únicotítulo da compañía nunca comercializado en VHS nin en DVD pormor do seu suposto racismo. O filme baséase nas Historias do tíoRemus de Joel Chandler Harris. Nelas, un antigo escravo relátalleao fillo da súa ama fábulas sobre animais. Nesas historias un coelloburla, a base de enxeño, os seus inimigos o raposo, o oso e olobo, máis forte ca el. Estes relatos foron pasando de xeración enxeración de escravos para que estes, aprendendo das súas ideassobre como vencer os máis poderosos, puidesen facerlles pequenosenganos aos amos e ter unha vida un pouco máis levadía. Mais, apesar da súa base subversiva, o resultado foi un filme cualificadopor diversos críticos como un dos máis racistas da historia do cinema.Porén, o éxito que acadou entre o público foi notábel, froito dascaracterísticas do momento histórico no que viu a luz: dunhabanda, a loita polos dereitos civís comezaba a agromar nos EstadosUnidos mais, neses anos, certas actitudes cara á poboación afroamericanaeran consideradas aínda normais, de aí a división de opiniónsque causou. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 0214-9117 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/7560 UL http://hdl.handle.net/10347/7560 LA glg NO MÍGUEZ LÓPEZ, María: «Canción do Sur, unha obra singular de Walt Disney», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 44, (2. Semestre 2010), pp. 57-93 DS Minerva RD 28 abr 2026