Aportes da disciplina de conservación restauración en museos: do plan de conservación preventiva ás actividades didácticas. Aplicación na Domus do Mitreo, Lugo

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Dende este traballo queremos resaltar a versatilidade da figura profesional do conservador-restaurador no ámbito museístico, dado o valor das súas achegas en distintos departamentos, e dentro de equipos de traballo multidisciplinares. En primeiro lugar, na vertente técnica, o papel dos restauradores é fundamental no coidado dos bens culturais e na redacción e implantación do necesario Plan de Conservación Preventiva. Esta ferramenta de traballo segue unha metodoloxía para identificar os factores de deterioro para as coleccións e edificios, e propón un método sistemático para o control dos riscos. Realizamos unha avaliación preliminar da Domus do Mitreo, os bens expostos, asignaremos significancias, estudiaremos as condicións climáticas e outros parámetros, para así elaborar un Plan que serva de base para establecer un protocolo que garanta a conservación a longo prazo dos bens nas mellores condicións. Mesmamente, os restauradores a miúdo colaboran con outros departamentos nunha dimensión máis didáctica e social, con aportacións na área de difusión, programando e realizando obradoiros. Neste eido, o coñecemento das técnicas artísticas, os procesos tecnolóxicos, e a experiencia con materias plásticos son de gran utilidade. Deste xeito, tamén as actividades inclúen outra dimensión, ao incorporar de forma implícita a conservación dos bens e o respecto polos mesmos, e facéndose unha forte aposta pola educación patrimonial. Neste traballo faremos unha proposta de programación anual, tendo en conta non só ao público escolar ou familiar, senón tamén o público xove e adulto.

Description

Traballo Fin de Master en Servizos Culturais. Curso 2021-2022

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International