Desenvolvemento dun entorno interactivo de baixo custo para a animación de personaxes utilizando dispositivos de captura de movemento sen marcas

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Nos inicios do cinema de debuxos animados, a partires de 1920, os encargados de darlle vida ás personaxes animadas eran debuxantes. Estes profesionais eran capaces de xerar unha animación debuxando, fotograma a fotograma, o movemento que unha personaxe debía realizar (Fig. 1.1). Esta técnica foi amplamente utilizada nos anos posteriores, dando lugar a múltiples producións, entre as que destacan as da factoría Disney. A finais da década dos setenta xorden as primeiras técnicas para xerar imaxes ou gráficos por ordenador. Posteriormente, en 1981, aparece no filme Looker (M. Crichton, 1981) a primeira personaxe xerada por ordenador, pero non é ata 1985 cando, na película Young Sherlock Holmes (B. Levinson, 1985) se mostra, por primeira vez no cine, unha personaxe animada xerada integramente por ordenador (Fig. 1.2). A partires dese momento, a maneira de entender o cine de animación e os efectos especiais no cine de imaxe real cambia en consonancia coa evolución das técnicas de xeración de imaxes e de animación por ordenador.

Description

Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2013-2014

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights