Desigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerables
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría | gl |
| dc.contributor.author | Quintans Badillo, Consuelo | |
| dc.contributor.tutor | Taracido Trunk, Margarita | |
| dc.date.accessioned | 2023-01-03T08:22:28Z | |
| dc.date.available | 2023-01-03T08:22:28Z | |
| dc.date.issued | 2022-06 | |
| dc.description | Traballo Fin de Grao en Enfermaría. Curso 2021-2022 | gl |
| dc.description.abstract | Introdución: manter a equidade en saúde é fundamental para o desenvolvemento sustentable. Obsérvanse desigualdades entre grupos poboacionais a nivel global determinadas polos factores socioeconómicos. Problemas ambientais como a contaminación atmosférica (carcinóxeno de Grupo 1) reforzan estas desigualdades, consideradas inxustas. Cómpre considerar as emisións do transporte, industria, tabaquismo e condicións da vivenda. Obxectivos: realizar unha búsqueda bibliográfica para coñecer os efectos nocivos da contaminación do aire sobre a saúde humana (concretamente o impacto no risco de morbimortalidade de cancro, enfermidades cardiovasculares e patoloxía respiratoria), indagar información sobre a relación entre desigualdades ambientais en saúde e determinantes socioeconómicos e valorar as estratexias para a reducción destas inequidades así como coñecer as competencias do rol enfermeiro. Metodoloxía: recuperouse un total de aproximadamente 99.550 artigos da base de datos PubMed e a través do motor de búsqueda Google Académico. Empregáronse palabras chave, filtros e criterios de inclusión detallados no Anexo I. Resultados: existe unha asociación robusta entre os efectos crónicos e agudos da polución do aire e a morbimortalidade do cancro, CVD e patoloxía respiratoria. A distribución de riscos e recursos presenta un patrón de inequidade, observándose grupos vulnerables en función do seu nivel socioeconómico que se ven máis afectados. As estratexias dirixidas aos coidados e estilos de vida teñen un impacto modesto frente ás intervencións a nivel poboacional, idealmente lideradas pola Enfermaría Clínica e Xestora. Discusión: os resultados sobre a falta de xustiza ambiental son consistentes, a pesar de certas limitacións que dificultan a valoración da exposición individual real e a avaliación dos resultados das intervención de Saúde Pública. Conclusión: a exposición á contaminación do aire é prevenible e intervencións comunitarias sobre este factor de risco xa probaron o seu éxito na reducción de desigualdades ambientais e mellora do estado de saúde. A disparidade en saúde será inevitable se non se contemplan novas estratexias e intervencións lideradas por Enfermaría. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/29712 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Problemas ambientais | gl |
| dc.subject | Contaminación atmosférica | gl |
| dc.subject | Desenvolvemento sustentable | gl |
| dc.subject | Desigualdade | gl |
| dc.subject | Xustiza ambiental | gl |
| dc.title | Desigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerables | gl |
| dc.type | bachelor thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | 5bfd036e-3ceb-4138-ba23-e55d9337214b | |
| relation.isTutorOfPublication | 5bfd036e-3ceb-4138-ba23-e55d9337214b | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | 5bfd036e-3ceb-4138-ba23-e55d9337214b |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2022_tfg_enfermaria_quintans_desigualdades.pdf
- Size:
- 524.97 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: