Desigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerables
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Introdución: manter a equidade en saúde é fundamental para o desenvolvemento
sustentable. Obsérvanse desigualdades entre grupos poboacionais a nivel global
determinadas polos factores socioeconómicos. Problemas ambientais como a
contaminación atmosférica (carcinóxeno de Grupo 1) reforzan estas desigualdades,
consideradas inxustas. Cómpre considerar as emisións do transporte, industria,
tabaquismo e condicións da vivenda.
Obxectivos: realizar unha búsqueda bibliográfica para coñecer os efectos nocivos da
contaminación do aire sobre a saúde humana (concretamente o impacto no risco de
morbimortalidade de cancro, enfermidades cardiovasculares e patoloxía respiratoria),
indagar información sobre a relación entre desigualdades ambientais en saúde e
determinantes socioeconómicos e valorar as estratexias para a reducción destas
inequidades así como coñecer as competencias do rol enfermeiro.
Metodoloxía: recuperouse un total de aproximadamente 99.550 artigos da base de datos
PubMed e a través do motor de búsqueda Google Académico. Empregáronse palabras
chave, filtros e criterios de inclusión detallados no Anexo I.
Resultados: existe unha asociación robusta entre os efectos crónicos e agudos da
polución do aire e a morbimortalidade do cancro, CVD e patoloxía respiratoria. A
distribución de riscos e recursos presenta un patrón de inequidade, observándose grupos
vulnerables en función do seu nivel socioeconómico que se ven máis afectados. As
estratexias dirixidas aos coidados e estilos de vida teñen un impacto modesto frente ás
intervencións a nivel poboacional, idealmente lideradas pola Enfermaría Clínica e
Xestora.
Discusión: os resultados sobre a falta de xustiza ambiental son consistentes, a pesar de
certas limitacións que dificultan a valoración da exposición individual real e a avaliación
dos resultados das intervención de Saúde Pública.
Conclusión: a exposición á contaminación do aire é prevenible e intervencións
comunitarias sobre este factor de risco xa probaron o seu éxito na reducción de
desigualdades ambientais e mellora do estado de saúde. A disparidade en saúde será
inevitable se non se contemplan novas estratexias e intervencións lideradas por
Enfermaría.
Description
Traballo Fin de Grao en Enfermaría. Curso 2021-2022
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







