Sistemas de xestión da seguridade alimentaria
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Segundo a Conferencia do Perfil Profesional do Diplomado en Nutrición Humana e Dietética a titulación persegue como obxectivo xeral a formación de "un profesional da saúde,con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social". A materia Garantía de Calidade serve para adquirir os coñecementos necesarios relativos á xestión da calidade en todos aqueles procesos nos que o dietista-nutricionista estea implicado, desde os diferentes campos nos que pode actuar.Esta materia é de vital importancia para a posterior implementación dalgúns dos obxectivos profesionais do Dietista- Nutricionista, que se relacionan a continuación:-asesorar no desenvolvemento, comercialización, etiquetaxe, comunicación e mercadotecnia dos produtos alimenticios de acordo ás necesidades sociais, os coñecementos científicos e a lexislación vixente;-interpretar os informes e expedientes administrativos en relación a un produto alimentario e ingredientes;-participar na xestión, organización e desenvolvemento dos servizos de alimentación;-intervir na calidade e seguridade alimentaria dos produtos, instalacións e procesos.Esta unidade didáctica encádrase na materia Garantía de Calidade correspondente ao terceiro curso do grao de Nutrición Humana e Dietética, que os alumnos teñen no segundo cuadrimestre. No mesmo curso, no primeiro cuadrimestre os alumnos cursan a materia Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria I, onde se lles explica que é a Seguridade Alimentaria, fálaselles do Codex Alimentarius, dos sistemas de aseguramento da calidade e das alertas alimentarias. Por tanto, cando chegan a Garantía de Calidade fixéronse conscientes xa da importancia dunha boa xestión da calidade nos diferentes aspectos e das bases nas que se fundamenta esta unidade didáctica. Comézase así encadrando a temática dentro do terreo da seguridade alimentaria, da problemática actual mundial na alimentación, de como se xestionan as crises alimentarias, para pasar a explicar cales son os protocolos nos que se basean as institucións e empresas alimentarias, que son a base desta unidade didáctica: a Xestión da Seguridade Alimentaria.
Description
Titulación: Grao en Nutrición Humana e Dietética -- Materia: Garantía de Calidade
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)







