A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A investigación titulada “A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909-2009)” conseguiu, dende o campo de estudo das Ciencias Sociais, e máis especificamente nos das Ciencias da Comunicación e da Xornalística, localizar e clasificar todas as iniciativas de prensa deportiva creadas en Galicia ao longo do século estudado. Aínda que a comunicación deportiva está a alcanzar un notable interese como fenómeno social e económico, a súa teorización é un fenómeno recente. Concretamente o estudo dos soportes deportivos segue a ser un asunto escasamente tratado no conxunto do Estado. En Galicia, podemos falar de terreo ermo. Polo mesmo, e con máis razón tratándose dun traballo que localiza o seu obxecto de estudo no sistema mediático de Galicia, hai que subliñar o que ten de novidoso. Algo que comporta presentar campos de análise e pescuda máis abertos. Os problemas da investigación derivan do escaso avance científico que se ten feito da materia e dun considerable volume de información de carácter superficial. A investigación centrarase na evolución histórica tanto do deporte como do xornalismo deportivo, xa que ambos están fortemente entrelazados. Foron localizadas 141 publicacións deportivas tras ser analizados un total de 214 soportes. O amplo abano temporal da presente investigación permitiunos examinar distintas realidades da prensa deportiva galega -xa que logo da española-, e a súa evolución ao longo do tempo. Deste xeito, determinamos as causas e condicionantes da aparición das primeiras publicacións deportivas en Galicia, o aumento constante de cabeceiras ata 1936 ou analizamos os motivos do retroceso cuantitativo e cualitativo durante os anos da ditadura franquista. Presentamos un aumento de cabeceiras de carácter amateur nas tres últimas décadas e resaltamos os motivos que levaron á creación do primeiro rotativo deportivo de periodicidade diaria en Galicia en 1995. En definitiva, estamos ante un traballo de pescuda e catalogación de soportes deportivos, pero que, polo seu carácter multidisciplinar, tamén axuda a comprender a evolución da prensa deportiva, do xornalismo e do deporte, tendo en conta o contexto sociohistórico galego e español dos cen anos estudados.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl