RT Dissertation/Thesis T1 A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009) A1 Vázquez Morandeira, José Gerardo K1 Prensa deportiva K1 Galicia AB A investigación titulada “A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909-2009)” conseguiu, dende o campo de estudo das Ciencias Sociais, e máis especificamente nos das Ciencias da Comunicación e da Xornalística, localizar e clasificar todas as iniciativas de prensa deportiva creadas en Galicia ao longo do século estudado.Aínda que a comunicación deportiva está a alcanzar un notable interese como fenómeno social e económico, a súa teorización é un fenómeno recente. Concretamente o estudo dos soportes deportivos segue a ser un asunto escasamente tratado no conxunto do Estado. En Galicia, podemos falar de terreo ermo.Polo mesmo, e con máis razón tratándose dun traballo que localiza o seu obxecto de estudo no sistema mediático de Galicia, hai que subliñar o que ten de novidoso. Algo que comporta presentar campos de análise e pescuda máis abertos. Os problemas da investigación derivan do escaso avance científico que se ten feito da materia e dun considerable volume de información de carácter superficial. A investigación centrarase na evolución histórica tanto do deporte como do xornalismo deportivo, xa que ambos están fortemente entrelazados.Foron localizadas 141 publicacións deportivas tras ser analizados un total de 214 soportes. O amplo abano temporal da presente investigación permitiunos examinar distintas realidades da prensa deportiva galega -xa que logo da española-, e a súa evolución ao longo do tempo.Deste xeito, determinamos as causas e condicionantes da aparición das primeiras publicacións deportivas en Galicia, o aumento constante de cabeceiras ata 1936 ou analizamos os motivos do retroceso cuantitativo e cualitativo durante os anos da ditadura franquista. Presentamos un aumento de cabeceiras de carácter amateur nas tres últimas décadas e resaltamos os motivos que levaron á creación do primeiro rotativo deportivo de periodicidade diaria en Galicia en 1995.En definitiva, estamos ante un traballo de pescuda e catalogación de soportes deportivos, pero que, polo seu carácter multidisciplinar, tamén axuda a comprender a evolución da prensa deportiva, do xornalismo e do deporte, tendo en conta o contexto sociohistórico galego e español dos cen anos estudados. YR 2012 FD 2012-11-05 LK http://hdl.handle.net/10347/6261 UL http://hdl.handle.net/10347/6261 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026