Descrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auricularia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas do
noso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento por
causas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especie
demanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente de
extinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguir
anticiparse a potenciais episodios de mortalidade que mingüen aínda máis as súas poboacións.
Neste traballo descríbense as características anatómicas e histolóxicas de Margaritifera
auricularia, buscando proporcionar unha guía que sirva de axuda á hora de discernir entre
individuos potencialmente sans ou enfermos en futuras avaliacións histopatolóxicas ou estudos
de campo. Os resultados obtidos neste traballo, empregando diferentes tipos de tincións
histolóxicas, suxiren que a súa estrutura é moi semellante á do resto dos bivalvos de auga doce,
especialmente á dos membros da súa familia como Margaritifera margaritifera. Chama a
atención o desenvolvemento do tecido muscular nos individuos considerados sans, puidendo ser
un elemento a ter en conta á hora de realizar unha valoración inicial do estado sanitario dunha
poboación. Non obstante certos achados, especialmente a nivel histolóxico, precisan de estudos
adicionais para dilucidar a súa función, un dos máis importantes é a presenza de numerosas
concrecións extracelulares de calcio dispersas por todo o corpo do animal seguindo a mesma
distribución que o tecido conectivo.
Description
Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2020-2021
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







