RT Generic T1 Descrición anatómica e histolóxica do mexillón de río Margaritifera auricularia T2 Descripción anatómica e histológica del mejillón de río Margaritifera auricularia T2 Anatomical and histological description of Giant Freshwater Pearl Mussel Margaritifera auricularia A1 Rico Gómez, Uxía K1 Margaritifera auricularia K1 Extinción K1 Anatomía K1 Histoloxía K1 Calcio K1 Estado sanitario AB Margaritifera auricularia é unha das especies de bivalvos de auga doce máis ameazadas donoso país. Dende o ano 2013 a súa poboación experimentou un vertixinoso decrecemento porcausas ata o momento aínda descoñecidas. A situación tan crítica na que se atopa esta especiedemanda medidas de actuación urxentes que consigan reverter o seu risco inminente deextinción, para iso é necesario ampliar o coñecemento dispoñible sobre ela e así conseguiranticiparse a potenciais episodios de mortalidade que mingüen aínda máis as súas poboacións.Neste traballo descríbense as características anatómicas e histolóxicas de Margaritiferaauricularia, buscando proporcionar unha guía que sirva de axuda á hora de discernir entreindividuos potencialmente sans ou enfermos en futuras avaliacións histopatolóxicas ou estudosde campo. Os resultados obtidos neste traballo, empregando diferentes tipos de tinciónshistolóxicas, suxiren que a súa estrutura é moi semellante á do resto dos bivalvos de auga doce,especialmente á dos membros da súa familia como Margaritifera margaritifera. Chama aatención o desenvolvemento do tecido muscular nos individuos considerados sans, puidendo serun elemento a ter en conta á hora de realizar unha valoración inicial do estado sanitario dunhapoboación. Non obstante certos achados, especialmente a nivel histolóxico, precisan de estudosadicionais para dilucidar a súa función, un dos máis importantes é a presenza de numerosasconcrecións extracelulares de calcio dispersas por todo o corpo do animal seguindo a mesmadistribución que o tecido conectivo. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/30408 UL http://hdl.handle.net/10347/30408 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 24 abr 2026