O binomio educación social-escola na Facultade de Formación do Profesorado (Campus Terra, USC)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Nova Escola Galega
Nova Escola Galega
Abstract
Igual que aconteceu noutras cidades galegas e de todo o Estado, é a mediados do século XIX cando se crea o centro encargado da formación de mestres e mestras para a provincia de Lugo. A entidade que actualmente se denomina Facultade de Formación do Profesorado tivo as súas orixes na Escola Normal de Mestres de Lugo, constituída en 1842, o que a sitúa como o centro universitario con maior traxectoria do campus lucense.
No transcurso deste século e medio longo, o centro lucense foi pasando por diversas vicisitudes, cambios de denominación e de dependencia institucional, traslados de sede, innumerables modificacións de plans de estudos, e mesmo de orientación ideolóxico-pedagóxica, pero sempre mantendo o obxectivo de dispensar a formación inicial das futuras mestras e mestres da provincia.
A diferenza do que lles aconteceu aos Campus de Compostela, A Coruña ou Ourense, que desde os anos 70 viron progresivamente incrementada a súa oferta de titulacións pedagóxicas (complementando así os propios estudos de maxisterio), no caso de Lugo nunca se ofreceron titulacións universitarias como Pedagoxía ou Educación Social, pois o outro Campus da Universidade cubría adecuadamente a demanda existente.
Esta carencia provocou que a a presenza ou o tratamento de temáticas educativo-sociais (en sentido estrito) na actividade ordinaria do centro lucense fose en realidade máis ben escasa ata datas relativamente recentes (daremos conta de cales se están desenvolvendo), situación que non facilitou o establecemento dunha relación fluída co mundo educativo-social nin cos seus profesionais, á marxe de relacións puntuais que algúns docentes podían manter, e que se levan traducido en congresos, xornadas, conferencias e outras iniciativas de percorrido limitado
Description
Bibliographic citation
Candia, F.X. (2018). O binomio educación social-escola na Facultade de Formación do Profesorado (Campus Terra, USC). En X.M. Cid e outros (coords.) Educacion social e escola. Unha análise da última década (2006-2016). Ourense: CEESG/NEG, 293-299
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
http://hdl.handle.net/10347/16677
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra está baixo una licenza de uso e distribución Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)



