A categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galega

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A modalidade é unha categoría de análise de grande éxito na lingüística que recibiu escasa atención nos estudos sobre o galego. Esta contribución mostra as dificultades con que baten os achegamentos lingüísticos tradicionais á hora de alcanzar unha definición coherente da modalidade e defende, a partir do exame da realización interlingüística das categorías modais, que a modalidade tal e como foi entendida tradicionalmente dá cobertura a trazos peculiares das linguas máis estudadas e que estes son escasamente representativos do comportamento xeral das linguas. Como alternativa, proponse un marco de traballo para o tratamento das categorías modais que diverxe do achegamento tradicional, na medida en que parte dunha definición estrita dos dominios conceptuais e dunha perspectiva ampla da súa realización formal. Neste marco, o concepto de modalidade perde protagonismo para deixar paso ás nocións, conceptualmente simples e coherentes, de modalidade deóntica, modalidade epistémica, modalidade inferencial e modalidade afectiva. Estas nocións constitúen dominios semánticos independentes, mais posúen características comparables en termos de estrutura e alcance semánticos. A argumentación acompáñase de exemplos, tirados dun corpus electrónico, representativos da variedade formal que ofrece o galego para a expresión destas categorías semánticas.

Description

Bibliographic citation

Míguez, V. (2021). A categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galega. Estudos de Lingüística Galega, 13, 107–137. https://doi.org/10.15304/elg.13.7386

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Este traballo recibiu apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo a través das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario galego (referencia ED481A-2017/23) e foi elaborado no marco do proxecto Corpus de textos gallegos escritos por estudiantes en el ámbito académico. Herramienta para el análisis de la competencia escrita en lengua gallega financiado por FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación (referencia PGC2018-096069-B-100).

Rights

Copyright (c) 2021 Universidade de Santiago de Compostela. Todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0