RT Journal Article T1 A categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galega A1 Míguez, Vítor K1 semántica K1 gramática K1 modalidade K1 evidencialidade K1 galego AB A modalidade é unha categoría de análise de grande éxito na lingüística que recibiu escasa atención nos estudos sobre o galego. Esta contribución mostra as dificultades con que baten os achegamentos lingüísticos tradicionais á hora de alcanzar unha definición coherente da modalidade e defende, a partir do exame da realización interlingüística das categorías modais, que a modalidade tal e como foi entendida tradicionalmente dá cobertura a trazos peculiares das linguas máis estudadas e que estes son escasamente representativos do comportamento xeral das linguas. Como alternativa, proponse un marco de traballo para o tratamento das categorías modais que diverxe do achegamento tradicional, na medida en que parte dunha definición estrita dos dominios conceptuais e dunha perspectiva ampla da súa realización formal. Neste marco, o concepto de modalidade perde protagonismo para deixar paso ás nocións, conceptualmente simples e coherentes, de modalidade deóntica, modalidade epistémica, modalidade inferencial e modalidade afectiva. Estas nocións constitúen dominios semánticos independentes, mais posúen características comparables en termos de estrutura e alcance semánticos. A argumentación acompáñase de exemplos, tirados dun corpus electrónico, representativos da variedade formal que ofrece o galego para a expresión destas categorías semánticas. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 1989-578X YR 2021 FD 2021-07-29 LK http://hdl.handle.net/10347/31907 UL http://hdl.handle.net/10347/31907 LA glg NO Míguez, V. (2021). A categoría da modalidade e a súa expresión na lingua galega. Estudos de Lingüística Galega, 13, 107–137. https://doi.org/10.15304/elg.13.7386 NO Este traballo recibiu apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Fondo SocialEuropeo a través das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades doSistema universitario galego (referencia ED481A-2017/23) e foi elaborado no marcodo proxecto Corpus de textos gallegos escritos por estudiantes en el ámbito académico.Herramienta para el análisis de la competencia escrita en lengua gallega financiado porFEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal deInvestigación (referencia PGC2018-096069-B-100). DS Minerva RD 27 abr 2026