Arquivo Histórico Universitario
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/6511
O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como polos fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á Universidade de Santiago de Compostela.
Ten como función conservar, ordenar, clasificar e facilitar a consulta e uso da documentación.
O Arquivo Universitario estrutúrase en administrativo e histórico. Na súa condición de arquivo histórico constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia.
A documentación reflicte a evolución, os cambios e as transformacións sufridas pola Universidade compostelá desde os albores da Idade Moderna.
Pola contra, a natureza da documentación ingresada ao longo do século XX desborda o eido educativo. É froito de compras, depósitos ou doazóns que veñen a completar e enriquecer o fondo universitario convertendo ao Arquivo Histórico Universitario no que é hoxe en dia: un auténtico arquivo de arquivos, cuns fondos transversais e complementarios e erixido como referencia en campos moi diversos da historia e a cultura local e galega.
Nos últimos tempos incorporáronse progresivamente as posibilidades e vantaxes que as TIC proporcionan ás institucións culturais. Neste sentido se está a desenvolver un programa de dixitalización documental que se plasma nun banco con centos de miles de datos e imaxes dos seus fondos históricos, accesibles en liña e, polo tanto, sen limitación espacial nin temporal.