Hospital Real

Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/27932

A dixitalización dos fondos da colección Hospital Real realizouse ao abeiro da subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia. Está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático de garantir un mellor uso das tecnoloxías da información, para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo – Dixitalización do patrimonio cultural.

Browse

Collections in this Community

Now showing 1 - 4 of 4
  • Libros de conta e razón dos gastos da inclusa do Hospital Real.
  • Cada libro esta constituído pola relación ordenada de amas de cría de cada feligresía con indicación da cantidade percibida durante o período indicado. En ocasiones refírese o nome e apelido do marido e o nome do neno ou nena.
  • Libros con información desagregada de cada parroquia obrigada a recibir expósitos, con indicación do número de veciños e datas de saída dos nenos e nenas.
  • Cada libro está constituído por asentos sucesivos, ordenados por feligresías, con indicación dos expósitos entregados a cada ama de cría para a súa lactancia e mantemento. Cada asento refire o nome dos expósitos encomendados a cada ama, filiación de esta, nome e apelidos do marido, data da entrega, cantidades retribuídas e destino final dos nenos.