EC/010-Vol.10, Núm. 1 (2001)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18908

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 24
  • Item type: Item ,
    ¿Quién se ha llevado mi Queso?. Spencer Johnson. Barcelona: Urano. (Col. Empresa Activa). 24ª ed. 2001 [106 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) García Añón, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
  • Item type: Item ,
    Gasto público autonómico. Conferencias de las jornadas celebradas en la EGAP los días 14 y 15 de enero de 1999. Luis Caramés Viéitez [dir.]. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. 2000 [827 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Martínez Rodríguez, Susana; Fernández Méndez, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    La política de incentivos en Galicia: entre el posibilismo de la teoría y las paradojas de los beneficiarios. Luis Caramés Viéitez. A Coruña: Instituto de Estudios Económicos de Galicia. 2000 [158 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Martínez Rodríguez, Susana; Fernández Méndez, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    As relacións banca-industria en Galicia. Ramón Yáñez Brage. Santiago de Compostela: Laiovento. 2000 [268 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Rodil Marzábal, Óscar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Nuevas estrategias para el análisis financiero en la empresa. Anna María Gil Lafuente. Barcelona: Ariel. 2001 [480 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Análisis y cálculo de las operaciones financieras. Santiago Ximénez Rodríguez, Sara Fernández López, Luis A. Otero González, Juan Piñeiro Chousa, Inés Lalinde Roura. Santiago de Compostela: Tórculo. 2000 [269 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Unha tipoloxía das empresas da madeira en Galicia segundo os seus obxectivos e estratexias tanto en mercados nacionais coma exteriores
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Verdugo Matés, María Victoria; Cal Bouzada, María Isabel; Fernández-Jardón Fernández, Carlos María
    O obxectivo deste traballo é obter unha tipoloxía das empresas do sector da madeira en Galicia, a partir das diferentes estratexias e obxectivos empresariais, mediante métodos multivariantes
  • Item type: Item ,
    O cooperativismo como fórmula empresarial de futuro para canaliza-lo espíritu emprendedor colectivo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Vargas Sánchez, Alfonso
    É un feito que as formas empresariais de economía social, coa empresa cooperativa como principal expoñente, veñen desempeñando un papel cada vez máis activo e destacado na sociedade contemporánea, na que o fomento da capacidade emprendedora se converteu nunha das prioridades das políticas de emprego. Tanto é así que hai quen chegou a cualifica-la creación de empresas como a oitava arte. Na actualidade, o empresario identifícase coa figura do emprendedor, que cando é colectivo atopa na cooperativa unha fórmula cuns perfís idiosincrásicos que sintonizan con determinados valores imperantes na nosa sociedade. A empresa non pode ser allea ó que a sociedade da que forma parte sente, desexa, espera; pola contra, debe interiorizar eses valores e acomoda-- lo seu comportamento a eles para darlles ós seus stakeholders xusto o que estes demandan. A cultura do cooperativismo, enchoupada de democracia, de solidariedade, etc., ofrécenos precisamente iso, sen que se contrapoña á eficiencia na xestión empresarial, que fai posible a súa supervivencia e desenvolvemento
  • Item type: Item ,
    O mercado de crédito hipotecario na Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Redondo López, José Antonio; López Penabad, Celia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Neste traballo describímo-los mercados de crédito hipotecario nos distintos países da Unión Europea. Para iso analizámo-los principais factores que dan lugar á ampla variedade de mercados hipotecarios existentes en Europa. En primeiro lugar referímonos á importancia do mercado de crédito hipotecario en cada economía así como á súa vinculación coa estructura de propiedade desenvolvida por cada país. A continuación detémonos nas principais diferencias entre os mercados hipotecarios europeos, institucións, medios de financiamento e productos financeiros. Concluímos cunha serie de reflexións sobre o impacto potencial neste mercado de determinados factores de cambio.
  • Item type: Item ,
    Formas de cooperación e as súas implicacións contables nun contexto internacional: unha referencia á peme galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Ramos Stolle, Asunción; Diéguez Fernández, Ricardo; Rivero Fernández, Dolores; Gallego Rodríguez, Elena
    Este traballo presenta os resultados dun estudio realizado entre unha mostra de pemes, situadas na rexión galega, que manteñen relacións comerciais co Mercosur, dirixido a coñece- la estructura dos seus acordos de cooperación con empresas locais coa intención de consolidar e estabiliza-la súa presencia neste importante mercado. Concretamente, a análise estendeuse sobre a súa actividade exportadora, primeiro paso para a adoptar unha estratexia compartida no exterior, sobre os factores que condicionan a activación do acordo, así como sobre os aspectos contables inherentes á actividade económica compartida. Os resultados mostran a importancia que lle outorgan estas empresas ó factor confianza como condicionante da súa decisión de establecerse no exterior e o escaso nivel de información financeira que subministran en relación co seu investimento na coparticipación
  • Item type: Item ,
    As vantaxes do efecto made in: unha aplicación ó granito galego
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Martínez Senra, Ana Isabel; García Rodríguez, María José
    O mercado ó que se dirixen as empresas ten unha dimensión cada vez máis internacional, polo que a demanda de productos procede de consumidores pertencentes a países moi distintos. Diversos estudios realizados demostraron que un dos factores que pode incidir sobre a decisión de compra dun producto é o seu lugar de procedencia, debido a que o consumidor mostra unhas actitudes diferentes en función do país no que foi fabricado, fenómeno que se denomina efecto made in. Consideramos que esta circunstancia ha ser aproveitada polas empresas sempre e cando a imaxe dos seus productos poida verse beneficiada polo made in. Este é o caso do granito, obxecto de estudio neste artigo, xa que se trata dun producto xenérico para o que o país de orixe desenvolve un papel importante na súa identificación
  • Item type: Item ,
    Empresas e servicios públicos a creación dunha infraestructura de transporte urbano, A Coruña 1876-1925
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Martínez López, Alberte; Piñeiro Sánchez, Carlos
    O obxecto da investigación é efectuar unha aproximación ó proceso de xestación do transporte público na principal cidade galega, A Coruña, dende os proxectos previos de finais do século XIX ata alcanza-la consecución da rede básica a mediados dos anos vinte. A incapacidade xestora e financeira do Concello coruñés, trazo xeneralizado nas entidades locais da época, levará á concesión privada deste servicio. Pero tamén o capital privado terá dificultades para implantalo, debido ó retraemento dos investidores ante as expectativas pouco claras de rendibilidade. A cesión temporal a un holding belga tampouco solucionará a precaria situación da empresa, que se resolverá coa asunción do negocio por parte do capital bancario local e coa adopción dunha política expansiva que, nun contexto económico máis favorable, logrará en poucos anos o cambio de tracción, completa-la rede urbana e crear unha importante liña suburbana, aínda que todo iso cun certo atraso con respecto ó conxunto de cidades españolas
  • Item type: Item ,
    As eleccións sindicais na ensinanza pública non universitaria en Galicia (1987-1998)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Lago Peñas, Pedro; Lago Peñas, Ignacio
    Neste artigo analizámo-la evolución do sistema de representación sindical na ensinanza pública non universitaria de Galicia desde 1987 ata 1998. A partir da aplicación da metodoloxía deseñada para os sistemas de partidos, estúdiase con datos agregados a dinámica da competición electoral e examínanse as principais dimensións do sistema de representación sindical: fragmentación, competitividade, concentración e volatilidade
  • Item type: Item ,
    Especialización tecnolóxica nos países da OCDE: patróns e tendencias
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Guntín Araújo, Xulia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Tanto nas propostas teóricas xurdidas desde o marco analítico neoclásico, como naquelas emanadas desde enfoques máis heterodoxos, o factor tecnolóxico e os perfís de especialización tecnolóxica aparecen como elementos clave na determinación do comportamento comercial e da competitividade dos países. Dada a súa relevancia, o presente traballo pretende afondar no coñecemento da dinámica dos patróns de especialización tecnolóxica no período recente. A metodoloxía utilizada pretende evidenciar se no período 1980-1994 tivo lugar un proceso de converxencia (diverxencia) nos patróns tecnolóxicos dos países desenvolvidos, o cal significaría que os países teñen pautas de especialización cada vez máis semellantes, e se simultaneamente este proceso vai acompañado dun proceso de crecente desespecialización (especialización) dentro deses países. Ámbolos dous procesos poden ter ritmos e direccións diferentes. As características do propio proceso de cambio tecnolóxico condicionan e limitan as posibilidades de homoxeneización dos patróns tecnolóxicos
  • Item type: Item ,
    Estimación de beneficios en espacios de uso recreativo na provincia de Pontevedra
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) González Gómez, Manuel
    Este artigo presenta resultados de valoración e avaliación de distintos espacios con uso recreativo na provincia de Pontevedra. Para tres casos, o Parque Natural do Monte Aloia (MA) no Concello de Tui, o Monte Santa Tegra (MST) no Concello da Guarda e as Pozas de Mougás (PM) no Concello de Oia, calculámo-lo beneficio de uso recreativo. Para o Parque Natural das Illas Cíes (IC) estímase o valor que ten para os visitantes e para os non-visitantes a súa conservación. No Concello de Vigo obtense o valor de dous grandes parques urbanos (O Castro e Castrelos) e dos parques forestais distribuídos polas parroquias rurais. Os parques urbanos son valorados a partir da estimación da función de prezos hedónicos e os outros mediante o método de valoración continxente
  • Item type: Item ,
    A transición da Universidade ó traballo: unha aproximación empírica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) González Cerdeira, Xulia; González Martínez, Xosé Manuel; Miles Touya, Daniel
    Neste traballo caracterizámo-la transición dos licenciados desde a Universidade ata o mercado de traballo. En particular, estúdiase o tempo medio que os titulados tardan en atopa-lo seu primeiro emprego unha vez que finalizan os seus estudios universitarios. Para iso utilízase unha mostra de licenciados en carreiras técnicas e non-técnicas da Universidade de Vigo. Entre outros resultados atopamos que o cincuenta por cento dos licenciados consegue o seu primeiro traballo antes dos cinco meses de ter iniciado o seu proceso de busca. Ademais, constátase que as condicións do primeiro emprego son significativamente favorables para os licenciados de carreiras técnicas
  • Item type: Item ,
    Análise e evolución da aplicación en Galicia do programa de axudas á forestación de terras agrarias (règ. CEE 2080/92)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) García Arias, Ana Isabel; Pérez Fra, María do Mar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    As medidas de forestación de terras agrarias teñen experimentado un interesante desenvolvemento dende que foran postas en marcha en toda a Unión pola reforma da PAC en 1992. O Estado Español ten sido un dos membros da UE no que estas medidas foron máis usadas, en especial se o comparamos co resto das medidas de acompañamento postas en marcha na mesma data. En Galicia tamén teñen tido unha grande repercusión, e foron de especial relevancia para o sector forestal como así o manifestan as actuais declaracións de empresas forestais en favor dunha maior dotación de fondos. Sen embargo, estas medidas foron pensadas para apoiar a política europea de axudas ás rendas agrarias que debía substituír á PAC clásica baseada no sostemento dos prezos. O presente traballo avalía a aplicación destas medidas en Galicia no período 1993-1999 analizando a evolución das distintas convocatorias de axudas e os datos de dita aplicación e forma parte da investigación encargada para o proxecto FAIR “Propiedade e Aproveitamento Comunal e as Súas Implicacións para o Desenvolvemento Rural en Áreas Periféricas” (FAIR6-PL98-4111)
  • Item type: Item ,
    A política de creación de clusters institucionais: o cluster do sector naval de Galicia (ACLAUNAGA)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Rodríguez Domínguez, María del Mar; Ferro Soto, Carlos A.; Vila Alonso, Mercedes
    Neste traballo, realizamos unha aproximación práctica ós novos plans de política industrial para mellora-la competitividade mediante a potenciación das vantaxes do territorio, sendo o seu obxectivo a revitalización de agrupamentos sectoriais territoriais. Inicialmente, debullámo- las condicións que deben cumprir estes agrupamentos para que se poidan emprender actuacións encamiñadas á creación de clusters institucionais. Entre elas atópanse a tradición histórica na zona, a concentración xeográfica, o exceso de capacidade sobre a demanda local e a existencia dunha rede de relacións cooperativas. O sector da construcción naval en Galicia cumpre a maior parte delas; sen embargo, a ausencia de actitudes cooperativas entre os seus axentes impulsou ó Goberno galego a encarrila-las actuacións necesarias para a súa institucionalización a través da creación de ACLUNAGA (Asociación Cluster Naval Galego)
  • Item type: Item ,
    Capital público e productividade privada en España: unha panorámica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Fernández Fernández, Melchor; Polo Andrés, Clemente; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Nos últimos anos, publicáronse varios estudios que estiman o impacto do capital público sobre a productividade privada para a economía española. As elevadas elasticidades estimadas, sobre todo ó empregar series de infraestructuras públicas, suscitan dúbidas sobre a robustez dos valores estimados e sobre a solidez das súas implicacións de política económica. Neste artigo examinamos sistematicamente os resultados obtidos e presentamos novas estimacións empregando diversas especificacións, series de capital público e métodos de estimación. Os resultados obtidos, aínda que confirman a existencia dun efecto substancial do capital público en infraestructuras, suxiren que este efecto non é tan potente como se cría e apuntan a que aínda podería ser incluso menor se se incorporasen outras variables que afectan á productividade privada
  • Item type: Item ,
    Posturas directivas ante as actuacións medioambientais nas empresas industriais
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Junquera Cimadevilla, Beatriz; Brío González, Jesús Angel del
    Este artigo pretende estudia-las actividades reais de xestión medioambiental emprendidas polas empresas e a súa relación coa percepción dos directivos responsables desta área acerca das vantaxes que poden obter da xestión, das dificultades que deberán afrontar para iso e da importancia das ferramentas que deben utilizar para a súa implantación. Os resultados mostran que a implantación de tecnoloxías de corrección industrial diferencia as empresas con directivos sensibles e insensibles á importancia das accións medioambientais. Por outro lado, as empresas que implantaron sistemas de xestión ambiental diferéncianse por unha mellor percepción das vantaxes, dificultades e ferramentas referidas ás actuacións no medio ambiente