Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/12417
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 6 of 6
Item type: Item , Romasanta, historia en movemento: Unha viaxe entre a realidade e o mito(2025-09) Fanego Lestegás, Antía; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadas; Estévez Rionegro, NoeliaNo presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allariz, explorando tanto os espazos naturais e os feitos históricos como a mitificación que envolveu a súa figura ao longo do tempo. A idea é que, durante un día, as persoas participantes visiten os lugares máis emblemáticos vinculados á historia e lenda de Romasanta para afondar nos aspectos literarios e culturais tanto deste caso coma do personaxe. Cabe destacar que se propoñen actividades didácticas na natureza para cada unha das paradas, enriquecendo o proceso de ensino-aprendizaxe e construíndo coñecemento a través da experiencia. Neste sentido, unha das dimensións fundamentais do traballo é a análise da construción e evolución do mito de Romasanta, explorando como se entrelazan feitos reais e elementos de ficción para xerar unha narrativa complexa que perdura no tempo. Desta maneira, poderase evidenciar a importancia da reinterpretación histórica e literaria como instrumento para comprender o pasado e a súa influencia no presente. Así pois, preséntase a senda literaria coma unha ferramenta innovadora de ocio para a educación das persoas adultas, sendo unha experiencia inmersiva que une a narrativa histórica co patrimonio de Galicia, empregando a figura de Romasanta como fío condutor para explorar a intersección entre mito e realidade.Item type: Item , O papel da espontaneidade no desenvolvemento do ser humano: a súa influencia na educación na natureza.(2024-12-20) Mejía Hernández, Patricia Elizabeth; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Otero Urtaza, Eugenio ManuelEste Traballo Fin de Máster céntrase na relevancia da espontaneidade no desenvolvemento humano e no seu impacto na educación da natureza. Baseándose nas ideas de Emanuele Coccia, argumentase que a vida é un proceso continuo de metamorfose que implica a todos os organismos nunha rede interdependente. A investigación examina como a espontaneidade, vista como unha forza intrínseca da natureza, pode integrarse na educación para favorecer a adaptabilidade e o crecemento holístico dos individuos. A espontaneidade destaca como unha capacidade esencial para responder de forma creativa e flexible a situacións cambiantes, permitindo a transformación persoal e colectiva. A metodoloxía inclúe unha revisión exhaustiva da literatura filosófica, psicolóxica e educativa, con énfase no psicodrama e na pedagoxía do deserto. O psicodrama, desenvolvido por Jacob Levy Moreno e descrito por Guillermo Boria, utilízase como ferramenta para facilitar a espontaneidade e a creatividade mediante a acción e a dramatización. Ademais, examínanse as obras de Henri Bergson e Vinciane Despret para afondar na relación entre espontaneidade e transformación. Os resultados mostran que a espontaneidade é esencial para o desenvolvemento integral da psique, corpo e espírito humanos. Integrar a espontaneidade na educación na natureza pode fomentar individuos máis resistentes e flexibles. Ademais, desenvolver unha maior conexión coa natureza facilita unha comprensión profunda da interconexión da vida e da importancia da adaptabilidade.Item type: Item , Xogando no zoo: Recursos dun zoolóxico para actividades educativas baseadas no xogo destinadas á Educación Primaria(2023-06) Eichelbaum Goicoechea, Beatriz; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Chao Penabad, OscarCoa investigación levada a cabo neste traballo fin de máster pretendeuse realizar unha revisión bibliográfica actualizada sobre a educación ao aire libre e os seus derivados (educación en, para e sobre) para poder crear unha actividade educativa que incluíse todos os seus aspectos. A actividade educativa deseñada foi levada á práctica nun parque zoolóxico con 84 rapaces, tanto nenos como nenas, cunhas idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos. Para facer posible unha análise cualitativa e cuantitativa, anotáronse as respostas que ía dando o alumnado durante o desenvolvemento da actividade, á vez que se recolleron as avaliacións proporcionadas tanto polos participantes, as cales eran sinxelas, como polos mestres e educadores presentes. Desta forma, púidose realizar unha análise cualitativa e cuantitativa de diversos aspectos para poder sacar as conclusións e crear as propostas de mellora.Item type: Item , Los beneficios fisiológicos y psicológicos de la inmersión en la naturaleza y su aplicación en la educación emocional(2020-09) Diez Barbudo, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Otero Urtaza, Eugenio ManuelEn la actualidad, las patologías derivadas de la exposición constante e inadecuada gestión del estrés están siendo una gran preocupación para la salud. La principal causa de estrés en la sociedad se debe a nuestra reciente forma de vida, resultado de abandonar la estrecha relación que hemos mantenido con la naturaleza a lo largo de nuestra evolución para tratar de adaptarnos vertiginosamente a un entorno y ritmo de vida estresantes. Como consecuencia, no solamente se está agravando el trato insostenible que le damos a la naturaleza, sino que también nos estamos privando de los potenciales beneficios que ésta brinda sobre nuestra salud y bienestar. Además, la inadecuada educación emocional que recibimos dificulta aún más que nos desenvolvamos con eficacia entre la multitud de situaciones estresantes a las que nos enfrentamos día a día. Partiendo de este escenario, el propósito del trabajo consiste en exponer la transversalidad de la reconexión con el medio natural (mediante la práctica de baños de bosque) y el desarrollo de la inteligencia emocional como recursos de mejora del bienestar, para así diseñar un posible recurso educativo y poder abrir un camino a futuros proyectos de educación emocional en la naturaleza.Item type: Item , A Educación na Natureza na provincia de Lugo. Análise da percepción das AMPAS(2022-09) Buján López, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Feás Vázquez, JacoboNa actualidade, cómpre crear alternativas sociais que promovan a reflexión sobre a crise ecolóxica na que estamos inmersas. Dende o punto de vista do ecofeminismo e partindo dunha ética ecolóxica, na que os seres humanos se reconcilian coa natureza e pasan a verse como unha parte dela, tendo moi presentes ás xeracións futuras, proponse a análise documental do concepto de Educación na Natureza, entendendo as súas bases e fundamentos. A través da observación non participante e de entrevistas non estruturadas, realizarase un estudo sobre as diferentes iniciativas de Educación na Natureza dentro da provincia de Lugo. Coñecendo e conversando con estas persoas, examinaranse os puntos en común destas entidades, as súas fortalezas e debilidades. Ademais, a través dun cuestionario de opinión, tentarase descubrir cal é a percepción das familias pertencentes ás AMPAS da provincia de Lugo sobre a Educación na Natureza e os Grupos de Xogo na Natureza, determinando se son coñecedoras, ou non, da súa existencia e do seu significado.Item type: Item , A evolución no tratamento da natureza nos libros de texto de EXB e Educación Primaria entre 1970 e 2013.(2021-09) Rodríguez Valcárcel, Marta; Villamor Pérez, Alba; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Formación do Profesorado; Otero Urtaza, Eugenio ManuelNas rutinas dominantes da escola, o peso da acción didáctica recae no uso do libro de texto, que perdura fortemente arraigado á ensinanza no tempo e, é por tanto a través deste, que o alumnado e o profesorado median o proceso educativo. Tendo en conta isto, o interese deste Traballo Fin de Máster estriba en analizar baixo o prisma dos manuais escolares, a evolución da presenza e do tratamento nestes en torno á natureza, en relación ó contido, ó obxecto de estudo e ó escenario para a práctica educativa. A súa vez, é moi complicado disociar os manuais das propias leis que rexen o marco educativo e, neste sentido, tamén se observará nas distintas leis que se suceden no tempo, a súa capacidade de influír nos libros de texto. As leis, os libros e a natureza como obxecto de estudo vanse analizar ao longo dun período dilatado de tempo que vai dende o proceso de transición á democracia no estado español ata o 2013, ano no que entra en vigor unha das últimas leis educativas. Non obstante, dada a amplitude de libros que existen, é preciso de cara a utilización dunha metodoloxía válida, facer unha axeitada selección destes considerando como mellor opción a que poida translucir maior coherencia, tanto para a recollida de datos como para a obtención de información fiábel. Deste xeito, pártese da idea de acoutar o estudo elixindo 28 libros de texto de EXB e Educación Primaria dunha materia vinculada a esta temática como é Coñecemento do medio/Ciencias da Natureza. Esta mostra de libros foron utilizados na educación formal en diferentes colexios da provincia de Lugo durante o período de tempo que abrangue este estudo. Trátase desta maneira dun estudo de corte cualitativo realizado a través dun sistema de rúbricas, do que se extraen uns determinados datos que permiten deducir unha serie de ítems mediante os cales se obteñen uns resultados. Tras esta análise, os resultados obtidos, compáranse e contrástanse na discusión, a partir da cal se extrae como principal conclusión, a pouca evolución que experimentan estes recursos, sobre todo a partir da época na que se instaura a LOXSE (1990) xa que, na maioría das editoriais, obsérvase gran similitude no tratamento da natureza tanto a nivel conceptual, como procedimental e actitudinal. A través de todo este proceso de traballo, se consigue o consecuente logro dos obxectivos expostos.