A evolución no tratamento da natureza nos libros de texto de EXB e Educación Primaria entre 1970 e 2013.

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Nas rutinas dominantes da escola, o peso da acción didáctica recae no uso do libro de texto, que perdura fortemente arraigado á ensinanza no tempo e, é por tanto a través deste, que o alumnado e o profesorado median o proceso educativo. Tendo en conta isto, o interese deste Traballo Fin de Máster estriba en analizar baixo o prisma dos manuais escolares, a evolución da presenza e do tratamento nestes en torno á natureza, en relación ó contido, ó obxecto de estudo e ó escenario para a práctica educativa. A súa vez, é moi complicado disociar os manuais das propias leis que rexen o marco educativo e, neste sentido, tamén se observará nas distintas leis que se suceden no tempo, a súa capacidade de influír nos libros de texto. As leis, os libros e a natureza como obxecto de estudo vanse analizar ao longo dun período dilatado de tempo que vai dende o proceso de transición á democracia no estado español ata o 2013, ano no que entra en vigor unha das últimas leis educativas. Non obstante, dada a amplitude de libros que existen, é preciso de cara a utilización dunha metodoloxía válida, facer unha axeitada selección destes considerando como mellor opción a que poida translucir maior coherencia, tanto para a recollida de datos como para a obtención de información fiábel. Deste xeito, pártese da idea de acoutar o estudo elixindo 28 libros de texto de EXB e Educación Primaria dunha materia vinculada a esta temática como é Coñecemento do medio/Ciencias da Natureza. Esta mostra de libros foron utilizados na educación formal en diferentes colexios da provincia de Lugo durante o período de tempo que abrangue este estudo. Trátase desta maneira dun estudo de corte cualitativo realizado a través dun sistema de rúbricas, do que se extraen uns determinados datos que permiten deducir unha serie de ítems mediante os cales se obteñen uns resultados. Tras esta análise, os resultados obtidos, compáranse e contrástanse na discusión, a partir da cal se extrae como principal conclusión, a pouca evolución que experimentan estes recursos, sobre todo a partir da época na que se instaura a LOXSE (1990) xa que, na maioría das editoriais, obsérvase gran similitude no tratamento da natureza tanto a nivel conceptual, como procedimental e actitudinal. A través de todo este proceso de traballo, se consigue o consecuente logro dos obxectivos expostos.

Description

Traballo de Fin de Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International