BUSC-Formación de usuarios

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/30391

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 8 of 8
  • Item type: Item ,
    Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación : presentación
    (2023) Cierto Castaño, María del Carmen; Quiroga Rodríguez, María; Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela
    Presentación dos servizos da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela e do seu punto de servizo na Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación
  • Item type: Item ,
    Cursos de competencias en información para Humanidades da Biblioteca Universitaria: Informe do curso 2021/2022
    (2022) Sempere Serrano, Isabel; Cuevas Linera, Daniel
    O presente informe ten por finalidade dar conta das actividades formativas relacionadas coas competencias dixitais e informacionais levadas a cabo polas bibliotecas das Facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia e Filosofía durante o ano académico 2021/2022. Este documento pretende comunicar tanto aos órganos de goberno das respectivas facultades como á Biblioteca Universitaria os resultados da formación dirixida ao alumnado de Humanidades do Campus de Santiago. O seu obxectivo é difundir as actividades de formación realizadas nos diferentes centros; presentar os datos de participación, aptitude e satisfacción do alumnado e do profesorado; avaliar os resultados obtidos, e reflexionar sobre as necesidade de mellorar en distintos aspectos como a difusión, a actualización dos contidos, a avaliación ou a colaboración co profesorado.
  • Item type: Item ,
    Competencias en información nas Ciencias da Saúde : informe anual : curso 2020-2021
    (2021) Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca da Facultade de Enfermaría; Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca da Facultade de Medicina de Odontoloxía
    Os principais obxectivos deste informe son: 1. Presentar os resultados das actividades de formación en competencias en información realizadas pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía e pola Biblioteca de Enfermaría no curso académico 2010-2021. 2. Poñer en valor a función formadora da biblioteca e mostrar a súa capacidade de formación en competencias en información. Este informe enmárcase dentro das funcións da Dirección da Biblioteca dos centros de responsabilizarse da execución da política bibliotecaria no centro, achegar os informes que sexan necesarios e avaliar e difundir as actividades realizadas pola biblioteca. A metodoloxía de realización do informe é descritiva
  • Item type: Item ,
    Integración das Competencias en Información nas Ciencias da Saúde
    (2020) Rodríguez Dopazo, José; Méndez García, Concepción
    Descríbense os resultados das actividades de formación en competencias en información realizadas pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría no curso académico 2019-2020
  • Item type: Item ,
    Competencias en Información nos estudos de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela: 2012-2019
    (2019) Rodríguez Dopazo, José; Bouyssou, Marie-Pierre
    Despois de plantexar o marco teórico no que se desenvolven o ensino universitario e as competencias en información, exponse os resultados da formación en Competencias en Información impartida pola Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía para os estudos do Grao en Medicina no período 2012-2019. Conclúese evidenciando a necesidade desta formación e a capacidade da Biblioteca para colaborar na adquisición destas competencias
  • Item type: Item ,
    Informe sobre a Formación en Competencias en Información impartida na Facultade de CC. Económicas e Empresariais no período 2012-2017
    (2018-01) Cana, María; Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais
    No marco da misión da BUSC, a Biblioteca da Facultade de CC. Económicas e Empresariais desenvolve as competencias informacionais a través dun curso de formación a tres niveis: un Básico -para o alumnado de primeiros cursos de grao (desde o curso 2012-2013); un de nivel Avanzado, impartido nos últimos cursos do Grao e especialmente dirixido ao asesoramento na realización do TFG (desde o curso 2015-2016); e un terceiro nivel de Especialización ou nivel Experto, dirixido a estudantes de posgrao (tamén desde 2015).
  • Item type: Item ,
    Informe sobre a Formación en Competencias en Información impartida na Facultade de Enfermaría no período 2012-2017
    (2017-04-07) Bouyssou, Marie-Pierre; Regos Varela, Xosé A.; Rodríguez Dopazo, José
    No marco da misión da BUSC, a Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría desenvolve desde o curso 2012-2013 as competencias informacionais a través dun curso de nivel Básico para o alumnado de 1º de grao e a partir do curso 2015-2016 con un segundo curso de nivel Avanzado impartido nos últimos cursos do Grao, especialmente dirixido para axudar na realización do TFG. Nivel Avanzado impartido tamén nos cursos de máster. Está prevista a impartición no tramo final deste curso 2016-2017 dun novo curso de nivel de Especialización dirixido a doutorandos, postdoutorandos, másteres e investigadores
  • Item type: Item ,
    Informe sobre a Formación en Competencias en Información impartida na Facultade de Medicina e Odontoloxía no período 2012-2017
    (2017-05-02) Bouyssou, Marie-Pierre; Regos Varela, Xosé A.; Rodríguez Dopazo, José
    No marco da misión da BUSC, a Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría desenvolve desde o curso 2012-2013 as competencias informacionais a través dun curso de nivel Básico para o alumnado de 1º de grao e a partir do curso 2015-2016 con un segundo curso de nivel Avanzado impartido nos últimos cursos do Grao, especialmente enfocado para axudar na realización do TFG. Este Nivel Avanzado foi impartido tamén nos cursos de máster. No tramo final deste curso 2016-2017 está prevista a impartición dun novo curso de nivel de Especialización dirixido a doutorandos, postdoutorandos, másteres e investigadores