EC/018-Vol.18, Núm. 1 (2009)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18925

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 13 of 13
  • Item type: Item ,
    ENGASA. Un grupo pioneiro no sector enerxético galego, 1982-2007. Alberte Martínez [dir.], Elvira Lindoso, Jesús Mirás. A Coruña: ENGASANetbiblo. 2008 [184 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Doldán García, Xoán Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Aguas de La Coruña 1903-2003. Cien años al servicio de la ciudad. Alberte Martínez [dir.], Luis Giadás, Jesús Mirás, Carlos Piñeiro, Gustavo Rego. Madrid: LID. 2004 [310 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Macías Vázquez, Alfredo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Territorios innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia. Xosé M. García Vázquez, Albino Prada Blanco, Mª A. Quintás Corredoira. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. 2008 [157 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Ballesteros Ron, Alejandro; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Neoliberalismo monetarista. La hegemonía del capital. Héctor Castaño Salas. A Habana: Félix Varela. 2006 [401 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Un novo desafío: o contido e a accesibilidade ao contido nas web turísticas españolas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Domínguez Vila, Trinidad; Fraiz Brea, José Antonio
    Internet converteuse nunha ferramenta básica hoxe en día, tanto a nivel laboral e relacional como de xestión. Se todo iso é centralizado na actividade turística, as posibilidades multiplícanse, actuando non só como unha ferramenta de información, senón tamén como xestor e como canle de contratación de produtos turísticos de diversa índole, ampliándose o segmento de mercado de referencia ao poder ofertar produtos máis concretos e específicos segundo as necesidades. Unha parte representativa destes novos beneficiarios son as persoas con discapacidade, con mobilidade-comunicación restrinxidas temporalmente e as persoas maiores que posúen as súas capacidades diminuídas e que, polo tanto, necesitan unha serie de adaptacións, de especificacións ou de modificacións en relación cos produtos turísticos que vaian consumir. De acordo con isto, formúlase o estudo das diferentes páxinas web oficiais de turismo das distintas comunidades autónomas de España, por ser o ente con maior representatividade dun conxunto de diversos destinos e produtos turísticos, mediante a análise do acceso aos contidos así como dos contidos sobre accesibilidade desas páxinas, tomando como referencia o plan de acción que se está executando a este respecto mediante a aplicación do Plan Nacional de Accesibilidade 2004-2012
  • Item type: Item ,
    Aspectos xurídicos do Acordo de Nova York de 1995 sobre poboacións de peixes transzonais e altamente migratorios
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Iglesias Berlanga, Marta
    Ante a recente revisión do Acordo de Nova York do ano 1995 sobre especies transzonais e altamente migratorias, o obxecto deste traballo é identificar, desde unha perspectiva xurídico-crítica, o actual grao de cumprimento estatal e institucional das súas disposicións, así como as orientacións emprendidas para solucionar as dificultades da aplicación práctica dalgunhas delas
  • Item type: Item ,
    O despegue industrial e a reorientación do sistema de transporte terrestre en España, 1940-1975
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Barreiro Gil, Manuel Jaime; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A inamovilidade do sistema de transporte terrestre é un dos sinais máis característicos do atraso económico. Se cadra é por iso que os economistas e os políticos españois do século XIX concentraron unha boa parte dos seus esforzos en rachala, principalmente co trazado do ferrocarril. Porén, a súa transformación definitiva non se produce, como era de esperar, ata que creban as condicións estruturais do mesmo atraso, xa na segunda metade do século XX, no marco do despegue industrial de España e mediante un novo medio de transporte: o automóbil
  • Item type: Item ,
    O papel da empresa pública industrial no desenvolvemento rexional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Sánchez Carreira, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A empresa pública pode cumprir unha importante función, contribuíndo ao desenvolvemento económico, tecnolóxico e social de determinadas rexións. Neste artigo estudamos a experiencia española. Para iso analizamos a actuación territorial do Instituto Nacional de Industria. Podemos afirmar que a empresa pública non cumpriu ese papel, ao non reducir as diferenzas rexionais. A decisión de localización de actividades produtivas e especialmente da I+D está moi vinculada co papel da empresa pública no desenvolvemento das rexións máis atrasadas
  • Item type: Item ,
    Análise do efecto das políticas de recursos humanos sobre a transferencia de coñecementos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) García-Pintos Escuder, Adela; García Vázquez, José Manuel; Caballero Fernández, Gloria
    Este traballo ten o propósito de estudar o papel que ten a dirección estratéxica de recursos humanos na xestión do coñecemento, e en particular sobre o proceso de transferencia de coñecemento tácito. Logo dunha revisión da literatura, analízanse diversas políticas de recursos humanos que inflúen na voluntariedade dos traballadores para compartir cos demais o seu coñecemento. Para iso realizouse unha enquisa dirixida aos directores de recursos humanos de 242 empresas manufactureiras de alta tecnoloxía. Os resultados obtidos confirman que a través dun adecuado deseño de postos, cun proceso de selección baseado en habilidades e comportamentos, cunha avaliación do desempeño baseada nas ditas calidades, e cunha política retributiva e de promoción que incentive eses comportamentos, se pode lograr que os empregados da empresa transfiran máis
  • Item type: Item ,
    Medida da eficiencia técnica nos hospitais públicos galegos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Seijas Díaz, Amparo; Iglesias Gómez, Guillermo
    A principal finalidade de calquera sistema sanitario é mellorar os niveis de saúde e de benestar da poboación dun país ou dunha rexión. Neste contexto, o obxectivo deste traballo é avaliar o grao de eficiencia do sistema sanitario galego para o período 2001-2006. A Análise Envolvente de Datos (DEA) constitúe a técnica empregada para a medición dos niveis de eficiencia, dada a súa flexibilidade para adaptarse a sectores onde existen unidades que producen outputs múltiples e intanxibles e no ámbito público
  • Item type: Item ,
    A medición da calidade de vida nas comarcas galegas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) López Vizcaíno, María Esther; Sánchez Fernández, Patricio
    No presente artigo abórdase unha proposta que pretende achegar unha medida da calidade de vida das comarcas galegas desde un punto de vista socioeconómico. Con este propósito emprégase a técnica da Análise Envolvente de Datos, habitualmente utilizada noutros eidos científicos e académicos e que, neste caso, se empregará para a construción dun indicador sintético que permita a comparación das comarcas en termos de calidade de vida. Os resultados obtidos proporcionan non só unha separación entre as comarcas consideradas como eficientes e as que non o son, senón tamén un conxunto de comarcas que serven de referentes para aquelas non eficientes
  • Item type: Item ,
    Disparidades no benestar económico rexional. O caso das rexións españolas e italianas obxectivo 1
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Martínez Roget, Fidel; Murias Fernández, Pilar; Novello, Simone; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Este traballo parte dunha visión revisada do benestar económico rexional para analizar as disparidades económicas entre trinta e oito rexións españolas e italianas e comparalas coas que se obteñen a partir do PIB per cápita (PIBpc). Para iso proponse un indicador sintético de benestar rexional baseado nas catro compoñentes do benestar económico suxeridas por Osberg (1985): capacidade de consumo, acumulación, desigualdade e inseguridade económica. Estes aspectos son integrados nun único índice a través do enfoque “beneficio da dúbida”, unha variante da Análise Envolvente de Datos para a construción de indicadores sintéticos. Os resultados amosan como as rexións con menor produto por habitante (Obxectivo 1 da Unión Europea) son tamén as de menor nivel de benestar económico e, ademais, que as disparidades son maiores en termos deste último. En xeral, as rexións italianas rexistran un nivel de benestar económico superior ao que se desprende do seu PIBpc, mentres que no caso español ocorre precisamente o contrario. Este comportamento só ten tres excepcións no caso español, entre as que se atopa precisamente Galicia, cun nivel de benestar económico por riba do que cabería esperar do seu PIBpc