EC/021-Vol.21, Núm. 2 (2012)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18934
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 19 of 19
Item type: Item , Efectos de la inversión extranjera directa sobre la productividad en el sector manufacturero español(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Sánchez Sellero, PedroItem type: Item , Item type: Item , A propiedade do vento. Rosa Mª Regueiro Ferreira. Ames (A Coruña): Laiovento. 2011 [220 páxinas](2012) Freire Esparís, María del PilarItem type: Item , Titulización hipotecaria en España: unha análise do risco para as entidades orixinadoras(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Iglesias Casal, Ana; López Penabad, Celia; López Andión, María del Carmen; Maside Sanfiz, José Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeO obxectivo de noso traballo é analizar o risco sistemático das entidades bancarias cotizadas orixinadoras de operacións de titulización hipotecaria no mercado español. Para iso utilizamos a metodoloxía do estudo de eventos que se centra nas datas de rexistro na Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e de emisión dos bonos de titulización entre os anos 1993 e 2010. A evidencia empírica mostra que o risco sistemático das entidades orixinadoras aumenta nos días posteriores ao evento para ambas as dúas datasItem type: Item , O mercado inmobiliario galego: do auxe á crise. Unha estimación da situación actual do mercado e a súa evolución futura(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Vilas Fernández, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise EconómicaA finais do ano 2011 o mercado galego da vivenda atópase cun stock aproximado de 35.000 vivendas, cuxa venda está comprometida polo escaso dinamismo da demanda. Esta debilidade da demanda derívase de múltiples factores entre os que aparecen como máis relevantes a sobrevaloración de custo, as expectativas deflacionistas, o racionamento do crédito e a saturación do mercado, todo iso unido a unha pobre dinámica demográfica que contrae a demanda de vivenda. Neste artigo analízanse estes factores, facendo unha descrición da dinámica do sector residencial na primeira década do século XXI. Cuantifícase a sobrevaloración actual da vivenda nos diferentes mercados inmobiliarios. Por último, realízase unha aproximación ás variables demográficas e sociolóxicas que, xunto coas económicas, determinarán a demanda potencial de vivenda nos próximos dez anos en GaliciaItem type: Item , Externalidades ambientais e prezo da vivenda en Madrid: unha análise con regresión cuantílica espacial(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Coro Chasco, Yrigoyen; Sánchez Reyes, BeatrizA contaminación atmosférica e o ruído son dous importantes problemas propios das grandes cidades. Neste artigo analízase o impacto de ambas as dúas variables sobre o prezo da vivenda na zona centro da cidade de Madrid. Para iso, seleccionáronse dúas medidas subxectivas de contaminación atmosférica e ruído correspondentes a unha mostra de 5.080 vivendas que, xunto con outras variables de características desas vivendas, de accesibilidade e de datos socioeconómicos, serán empregadas no contexto dos modelos de regresión cuantílica. A regresión cuantílica espacial é un bo medio para controlar problemas habituais nos modelos hedónicos (non linearidade, non normalidade por asimetrías e puntos atípicos, heteroscedasticidade e autocorrelación espacial). Os resultados mostran que nin a contaminación atmosférica nin o ruído teñen un efecto claramente significativo sobre o prezo da vivenda, agás nos barrios máis ricos, onde a polución é unha externalidade negativa. Ademais, claramente contrario ao esperado, o impacto do ruído presenta signo positivo, aínda que unicamente para o segmento de vivendas de luxo debido, posiblemente, á existencia de certas externalidades positivas asociadas ao ruído nestas zonas, como rúas comerciais exclusivas e zonas de alto valor histórico ou culturaItem type: Item , Vivenda en aluguer versus vivenda en propiedade: teoría e evidencia(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Rubio Sánchez, MargaritaA estrutura do mercado da vivenda presenta notables diferenzas entre países, especialmente en termos do peso relativo e da eficiencia do sector do aluguer. Esta heteroxeneidade responde a múltiples factores, entre os que se atopan os culturais ou de preferencias, a fiscalidade e a eficiencia das institucións. Neste traballo proponse un modelo de equilibrio xeral dinámico con mercado de vivenda tanto de compra como de aluguer, e introdúcense restricións ao crédito para os axentes endebedados para capturar os efectos de riqueza da vivenda en propiedade. Dentro deste marco teórico, ilústrase como se transmite a política monetaria a través do mercado inmobiliario. Así mesmo, valóranse as implicacións de cambios en políticas relacionadas co mercado do aluguer, así como de cambios nas preferencias relativas dos consumidores con respecto aos dous tipos de vivendaItem type: Item , A accesibilidade residencial unha revisión da literatura(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Taltavull de la Paz, Paloma; Juárez Tárraga, FranciscoO concepto de accesibilidade á vivenda tomou unha gran relevancia durante a última década na literatura especializada, e especialmente tras o impacto da crise financeira. Os distintos enfoques aplicados, a medición ou as situacións paradoxais nos problemas de acceso deron lugar a múltiples conceptos de accesibilidade e a unha recente literatura que trata tanto de asentar os principios teóricos como de medila apropiadamente. Neste artigo realízase unha clasificación destes distintos enfoques tras unha revisión da literatura máis relevante sobre a accesibilidade á vivenda. Nunha segunda parte aproxímanse distintas medidas da accesibilidade para España que poñen de manifesto o complexo da súa aproximación e a relación cos distintos momentos do ciclo económicoItem type: Item , A política de vivenda en España : leccións aprendidas e retos de futuro(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Pareja Eastaway, Montserrat; Sánchez Martínez, María TeresaA traxectoria da política de vivenda española configura o sistema de vivenda actual mostrando a súa non neutralidade en canto aos seus efectos sobre a posesión ou sobre a redistribución de riqueza. En España, a intervención en cuestións de vivenda dista da practicada polos seus veciños europeos debido, posiblemente, a unha conceptualización distinta no referente ás responsabilidades asumidas polo estado do benestar; a política de vivenda tendeu a estimular a nova construción cun dobre obxectivo: favorecer a propiedade como forma prioritaria de posesión e axudar ao sector inmobiliario como dinamizador do crecemento económico. Non foi así en Europa, onde o concepto de vivenda social, pública e accesible arraigou con forza nos esquemas de provisión de vivenda. Este artigo ten un dobre obxectivo: por un lado, tendo caracterizado o estado do benestar en España e identificado os principais instrumentos de política de vivenda utilizados ao longo da historia, determinar os efectos tanto negativos como positivos que xerou no sistema de vivenda español a política levada a cabo desde os anos cincuenta; e, por outro lado, sinalar os retos que aínda quedan por cumprir, ofrecendo un posible camiño alternativo para conseguilosItem type: Item , Execución financeira 2007-2011 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación e FondosO Programa Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007, C(2007) 6079, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros, modificada pola Decisión da Comisión de 27 de marzo de 2012, C(2012) 1621 final. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores económicos e sociais e coas autoridades locais, nacionais e da UE. A execución financeira acumulada do período 2007-2011 alcanza 1.027,50 millóns de euros. Tamén se detallan as principais accións de publicidade e información e as boas prácticas levadas a cabo no ano 2011Item type: Item , Presentación(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) López Penabad, Celia; López Andión, María del CarmenItem type: Item , Descrición dos distintos erros cometidos polos auditores cando redactan informes de auditoría: un estudo aplicado ás empresas galegas(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Mareque Álvarez-Santullano, Mercedes; López Corrales, Francisco XavierO informe de auditoría de contas anuais debe seguir o formato e a terminoloxía específica recollida nas Normas técnicas de auditoría (NTA) para cumprir o seu fin, o que implica a expresión dunha opinión profesional sobre o contido das contas anuais por parte do auditor. Este traballo pretende analizar os erros que conteñen os informes de auditoría dunha mostra representativa de empresas galegas no período 2004-2007. A observación realizada permitiu concluír que os informes que non conteñen unha opinión favorable son os que presentan un maior número de erros. Estes erros figuran fundamentalmente nos parágrafos de comparabilidade, salvidades e opinión do informe. Así mesmo, detectamos que os auditores que exercen a título individual son os que cometen máis erros, cuestión que cremos de interese tanto para os usuarios dos informes como para o Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas (ICAC), principal encargado do control de calidadeItem type: Item , Implementación e avaliación dun proceso de ensinanza-aprendizaxe colaborativo na titulación de Administración e Dirección de Empresas(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Fernández-Feijóo Souto, Belén; Pino Juste, Margarita R.; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeEste artigo presenta o deseño e avaliación dunha experiencia innovadora nunha materia da licenciatura de Administración e Dirección de Empresas mediante unha metodoloxía cooperativa. O obxectivo é motivar o alumnado e mellorar o seu rendemento académico a tra-vés de diversas formas de interacción, reducindo a asimetría no diálogo educativo e fomentando nos estudantes o desenvolvemento de calidades como a responsabilidade e o traballo en equipo. Entre as vantaxes do método destacamos a constatación empírica de que se logra un maior dominio de competencias cognitivas no curto e no longo prazo, un aumento das capacidades relacionadas coa interacción entre os compañeiros, o dinamismo da mecánica de traballo no proceso de aprendizaxe e o recoñecemento de que favorece o esforzo continuoItem type: Item , Supervivencia das empresas innovadoras españolas: efectos da innovación(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Baltar Salgado, Evangelina; Fernández López, Sara; Vivel Búa, Milagros; Neira Gómez, Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeEste traballo analiza os determinantes do fracaso empresarial a través dun modelo loxístico binomial para una mostra de 223 empresas innovadoras españolas no ano 2006. Os resultados obtidos indican que a rendibilidade, as garantías fronte a terceiros, a eficiencia e a idade das empresas inflúen negativamente na probabilidade de fracaso empresarial. Ademais, tamén se comproba que a innovación exerce un efecto indirecto sobre a probabilidade de quebra a través da rendibilidade.Item type: Item , Política turística común: un estudo sobre as implicacións dunha concepción nouménica do turismo e sobre a viabilidade da súa implementación na UE(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Jiménez García, MercedesNeste artigo analízanse dous aspectos que afectan de forma moi importante ao sector turístico. Por unha parte, desde un punto de vista teórico, unha nova conceptualización do turismo –nouménica–, e o seu impacto no deseño dunha política turística común (PTC). E por outra parte, mediante unha análise empírica das entrevistas realizadas a unha mostra de expertos en turismo, a factibilidade da implementación desa política turística común na Unión Europea. As respostas destes expertos evidencian que a maioría segue un enfoque fenoménico baixo o que se poñen de relevo numerosas dificultades para a posta en práctica dunha PTC. Ante isto, a autora defende a súa viabilidade baixo unha concepción nouménicaItem type: Item , Beneficios percibidos polo sector de aloxamento turístico español da implantación dun sistema de xestión da calidade(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Álvarez García, José; Fraiz Brea, José Antonio; Río Rama, María Cruz delA forte competitividade que existe entre as empresas do sector turístico levou a estas a integrar dentro da súa xestión estratexias de diferenciación edecalidade, mellorando a cali-dade dos servizos prestados, o que xera resultados positivos e medibles. Neste artigo expóñense os resultados do estudo empírico levado a cabo en 186 empresas de aloxamento turístico a nivel nacional certificadas coa marca “Q de CalidadeTurística”, e cuxo obxectivo era analizar o impacto e os beneficios percibidos polas empresas do sector turístico derivados da implantación e certificación do seu sistema de xestión da calidade. Unha vez feita a revisión teórica, realizouse unha análise descritiva dos beneficios percibidos polos establecementos hoteleiros, unha análise T de Student e ANOVA paradeterminar se existen diferenzas nos beneficios percibidos, dependendo de determinadas variables que definen as características dos establecementos de aloxamento turístico e, por último, unha análise factorial para determinar a estrutura deses beneficios.Os resultados obtidos indican que os principais beneficios percibidos son unha clara definición de procesos e responsabilidades, unha mellora na satisfacción do cliente e un incremento da conciencia de calidade dos empregados. A estrutura dos beneficios neste sector está configurada por tres grupos: beneficios internos, beneficios externos-clientes, e beneficios externos-financeiros. Este traballo enmárcase dentro dunha investigación máis ampla realizada coobxectivo de desenvolver un marco práctico que oriente as empresas do sector turístico para implantar e mellorar o seu sistema de calidade como fonte de vantaxe competitivaItem type: Item , A participación pública na planificación forestal: unha oportunidade ou unha necesidade para a súa aplicación en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Bruña García, Xabier; Marey Pérez, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría; Área de Enxeñaría e ArquitecturaA participación social na toma de decisións vinculadas á planificación e á ordenación do territorio constitúe un paso fundamental para acadar solucións viables e duradeiras. Neste sentido, a participación pública convértese nunha clara necesidade da sociedade moderna para tomar determinacións e construír consenso social na xestión dos recursos naturais, en particular, e na gobernanza do territorio, en xeral. Dentro do subsector forestal estanse dando os primeiros pasos para que a participación pública sexa incluída nos distintos procesos da ordenación e da xestión dos montes. Porén, e despois de revisar a literatura científica sobre esta cuestión, este estudo pon de manifesto que a participación pública é un dos piares básicos da planificación forestal, principalmente no nivel estratéxico, podendo representar unha das oportunidades para a súa aplicación en GaliciaItem type: Item , O modelo de xestión da superficie forestal en Galicia e a súa repercusión na crise incendiaria do ano 2006(Universidade de Santiago de Compostela, 2012) Balsa Barreiro, JoséA maior parte de Galicia está ocupada por superficie forestal, sendo de feito unha das principais potencias forestais de Europa. Aínda así, o monte galego ten unhas expectativas moi-to maiores en termos de sostibilidade, pero presenta unha serie de problemas estruturais her-dados, nunha gran parte, dun modelo de xestión que mostra graves deficiencias. A maioría dos autores coinciden ao afirmar que o problema de fondo deriva de que o seu desenvolvemento como sector económico non xorde como unha aposta decidida, senón que máis ben se debe ao fracaso do modelo agrario tradicional. Os episodios repetidos de crises incendiarias son un dos máis claros síntomas de que o modelo de xestión non é o adecuado. O fallo nos mecanismos de predición, prevención e/ou extinción é a clave que xustifica a magnitude extrema destas cri-ses incendiarias, que aparecen cada certo período de tempo. Neste artigo relaciónase a última gran crise incendiaria padecida en Galicia –a do verán do ano 2006– co modelo de xestión da superficie forestal, o cal actúa como orixe e/ou agravante desa crise, axudando a entender a magnitude real da traxedia