EC/019-Vol.19, Núm. 2 (2010)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18928
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 14 of 14
Item type: Item , Cómo gestionar los riesgos corporativos. F.J. López Lubián e P. García Estévez. Madrid: Wolters Kluwer. 2010 [389 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Val Gerpe, Rosa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Valoración. El arte y la ciencia de las decisiones de inversión corporativa. S. Titman e J. Martín. Madrid: Pearson Educación. 2009 [552 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Rodríguez-Gulías, María Jesús; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Sobre a tipoloxía dos indicadores de sostibilidade para a avaliación científica dos ecosistemas mariños sometidos á explotación pesqueira(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; García Negro, María do Carme; Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , O risco cambiario e a súa cobertura financeira(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Execución financeira da anualidade 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de FondosO Programa Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007 –C(2007)6079–, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores económicos e sociais e coas autoridades locais, nacionais e da UE. A execución financeira do ano 2009 alcanza os 286,21 millóns de euros. Tamén se detallan as principais accións de publicidade e información levadas a cabo no ano 2009Item type: Item , Consideracións estratéxicas para a promoción do turismo en Galicia a través do cine(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Rodríguez Campo, María Lorena; Fraiz Brea, José AntonioDiversos investigadores están analizando o papel que o cine pode ter na creación da imaxe dun destino turístico. Recentemente, López e Osácar (2008) aplicárono ao caso de Barcelona ao tratar de determinar a imaxe que ese destino consegue a través da longametraxe de Pedro Almodóvar «Todo sobre mi madre» (1999). Ambos os dous autores sosteñen que é unha boa ferramenta de transmisión dos elementos da súa identidade e do posicionamento que o destino previamente estableza, realizando como contribución o que denominan “Tourism Destination Placement” (TDP ou aparición do destino dentro da longametraxe). Galicia posúe un rico patrimonio cinematográfico que reflicte localizacións de destinos turísticos dentro da nosa Comunidade. Por exemplo, «A lingua das bolboretas» (1999) e Allariz, «O lapis do carpinteiro» (2002) e A Coruña, «Trece badaladas» (2002) e Santiago de Compostela, «Os xirasoles cegos» (2008) e Ourense, «O ano da carracha» (2001) e Lugo, «Lena» (2003) e Vigo, entre moitas outras, ademais de diversos festivais como o «Festival de Cine Internacional de Ourense», que tamén poden axudar a fortalecer a imaxe de marca-país a nivel mundial. Por isto, consideramos viable converter as artes audiovisuais nun recurso turístico cultural que, por un lado, transmita a identidade dunha comunidade e, por outro, promocione o destino, neste caso GaliciaItem type: Item , Análise da industria gráfica no contexto do sector manufactureiro español(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Ferro Soto, Carlos A.; Guisado González, ManuelNeste traballo descríbense brevemente os principais fitos tecnolóxicos que foron marcando e configurando o sector gráfico, e abórdase a súa delimitación. Así mesmo, lévase a cabo unha análise comparativa co sector manufactureiro español, estudando o comportamento de ambos os dous sectores nos ámbitos da atomización e da dispersión empresarial, dos investimentos realizados, das subvencións recibidas, da capacidade de xeración de emprego e da demografía. Finalmente, tamén se aborda a singularidade que o sector gráfico español representa no ámbito do comercio exterior, e algúns dos retos que as actuais forzas globalizadoras da economía lle formulanItem type: Item , Internacionalización na industria da moda: o caso Zara(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) João, Belmiro do Nascimento; Freddo, Antonio Carlos; Figueiredo, Gabriela Negrão de; Maiochi, Ana PaulaBaseado en modelos como o de Uppsala e da literatura das formas de entrada nos mercados internacionais, este artigo ten como obxectivo demostrar o proceso de internacionalización da cadea española Zara. A proposta destínase a verificar as etapas de internacionalización e as distintas formas de entrada utilizadas en varios países nos que opera. Realízase unha investigación exploratoria con datos primarios e secundarios, incluíndo entrevistas semiestruturadas realizadas na sede da empresa en Arteixo, e datos do proceso de internacionalización da cadea Zara. A investigación para o coñecemento de mercado e as decisións de compromiso validan os preceptos do modelo de Uppsala. En relación coa distancia psíquica, a empresa segue o modelo de Uppsala ao comezo do seu proceso de internacionalización, pero a relevancia dos mercados vólvese máis importante co proceso de internacionalización e co aumento do número de países. As distintas formas de entrada –subsidiarias, propias, franchising e joint ventures– son utilizadas para a estratexia de internacionalización de Zara en función da importancia, da complexidade ou do risco do país anfitrión. Conclúese que para a cadea Zara o modelo de Uppsala pode ser comprobado no seu proceso de internacionalización e na relación coñecemento/compromisoItem type: Item , A política agroambiental galega e as súas limitacións para introducir técnicas de cultivo ambientalmente compatibles no viñedo. Un estudo de caso(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) García Arias, Ana Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaO traballo que se presenta ten como obxectivo analizar algúns dos factores que inflúen na participación dos produtores de viño galegos en medidas agroambientais, e que en xeral é baixa. En concreto, estudamos a aplicación da Medida de Control Integrado no período 1997-2006, para o cal realizamos 15 entrevistas a produtores de viño e 13 a expertos e técnicos neste tipo de técnicas. Co primeiro grupo de entrevistas medimos as características sociodemográficas dos participantes, as características das súas explotacións e as súas actitudes e comportamento fronte á medida. Os resultados da investigación apuntan a que os factores determinantes para a participación teñen que ver co deseño da propia medida, cos compromisos esixidos e coas características particulares das explotacións vitivinícolas en GaliciaItem type: Item , Conciliación entre igualdade e expatriación(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Bastida Domínguez, María; Cancelo Márquez, María Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónEn España, a pasada Lei 7/2007 para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres trouxo cambios substanciais para a dirección de empresas. Sobre a base da eficiencia empresarial, decidir quen debe ser postulado en función dun sistema de cotas de participación equilibrada entre homes e mulleres pode ser unha decisión ineficiente. Varios estudos insistiron en que a presenza internacional da muller como expatriada é sensiblemente inferior á dos homes. Se as razóns que conduciron a esta inferior presenza feminina son subxectivas, daquela probablemente nos atopemos ante unha boa oportunidade para incrementar esta. Porén, se estas razóns son obxectivas, daquela estaremos realizando nomeamentos de candidatas a postos que no medio prazo destruirán as nosas posibilidades de competitividade internacional. Neste traballo intentaremos analizar se as mulleres españolas afrontan menos dificultades para acceder a postos internacionais. Consideraremos as causas que apartan ás mulleres do progreso e determinaremos se, nestas circunstancias, a recente lei se converte nunha ameaza ou nunha oportunidade para a competitividade internacional das nosas empresasItem type: Item , Desigualdade de xénero en Latinoamérica desde a perspectiva dos indicadores de desenvolvemento humano(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia; Aguayo Lorenzo, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaA problemática da igualdade de xénero foi unha constante nos estudos realizados polo PNUD sobre desenvolvemento humano. Para estes efectos establecéronse unha serie de indicadores que permiten avaliar o seu comportamento. Este traballo presenta unha panorámica comparativa da súa evolución nos últimos anos en determinados países latinoamericanos, cuestionando o alcance da relación entre o Índice de Desenvolvemento Humano relativo ao Xénero (IDX) e o Índice de Potenciación de Xénero (IPX). Malia os logros obtidos en materia de educación, que equilibran a situación de mulleres e de homes, persisten importantes diferenzas no grao de participación socioeconómica femininaItem type: Item , Participación laboral, política, económica e social das mulleres en Europa e en Norteamérica(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Guisán Seijas, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaO obxectivo deste estudo é analizar os factores que explican a presenza das mulleres na vida laboral, económica, política e nas organizacións sociais en España e noutros países de Europa, de Eurasia e de América. Para isto utilizamos indicadores das Nacións Unidas relativos á igualdade de xénero e outros indicadores relacionados co nivel educativo da poboación e co desenvolvemento económico. Tamén analizamos a insuficiente presenza das mulleres nos medios de comunicación e noutros ámbitos sociais onde aínda hai fortes restricións á igualdade de oportunidades, e destacamos a necesidade de impulsar políticas que contribúan á vez a mellorar o benestar social e a igualdade de xénero, así como a participación feminina no liderado socialItem type: Item , A perspectiva de xénero na planificación da actividade estatística na Comunidade Autónoma de Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Touriño Sánchez, Ana; Villar Cheda, Estefanía; Iglesias Patiño, Carlos Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística, Análise Matemática e OptimizaciónO propósito deste artigo é referir o estado da cuestión polo que respecta á integración da perspectiva de xénero nas estatísticas oficiais na Comunidade galega a través da revisión da planificación estatística. Este propósito concrétase nun dobre obxectivo. Por un lado, analizar as estatísticas de xénero postas en marcha no contexto do Plan Galego de Estatística e, por outro, presentar unha aproximación innovadora á avaliación, a través de indicadores de seguimento da integración da perspectiva de xénero na produción e difusión da estatística oficial de Galicia baixo o paradigma da transversalidade. Para lle dar resposta a esta dobre finalidade, resulta fundamental analizar as diferentes ferramentas de planificación estratéxica coas que conta o sistema estatístico galego. En primeiro lugar, a través do estudo do Plan Galego de Estatística, que introduce a planificación por obxectivos e metas, e a noción de operación estatística como actividade estatística con valor engadido propio. E en segundo lugar, examinando a avaliación e o seguimento por indicadores, tanto como instrumentos fundamentais na planificación, como para a reflexión sobre a delimitación do alcance e implicacións da noción de indicadorItem type: Item , Medindo con perspectiva de xénero. Reflexións a partir da enquisa do uso do tempo dos fogares de Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Rodríguez Galdo, María Xosé; Pis Sánchez, Eduardo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaEste artigo reflexiona, desde unha análise dos usos do tempo dos fogares de Galicia, sobre a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na medición dos fenómenos socioeconómicos. Os usos do tempo gardan unha estreita relación co benestar e coa calidade de vida e son un instrumento útil para profundar na súa medición. Preséntanse os principais resultados obtidos a partir da enquisa de usos do tempo dos fogares de Galicia