EC/014-Vol.14, Núm. 1-2 (2005)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18916

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 26
  • Item type: Item ,
    Tipoloxías do posicionamento de marcas. Un estudo conceptual no Brasil e en España
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Serralvo, Francisco Antonio; Furrier, Márcio Tadeu
  • Item type: Item ,
    Estratexias de valor para a creación de coñecemento en organizacións intensivas en coñecemento
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) João, Belmiro do Nascimento
  • Item type: Item ,
    De FHC a Lula. Un ensaio socio-psicoanalítico sobre a “crise brasileira”
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Freddo, Antonio Carlos
  • Item type: Item ,
    A construción dunha “contorna” institucional de apoio á industria maquieira na fronteira norte de México
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Villavicencio Carbajal, Daniel Hugo; Casalet Ravenna, Mónica
    A industrialización das zonas fronteirizas do norte de México iniciouse na década dos anos sesenta coa chegada da industria maquieira de exportación (IME). Durante as últimas catro décadas, as empresas maquieiras desenvolveron un papel importante na creación de emprego, así como na diversificación sectorial e produtiva dos conglomerados industriais localizados na fronteira norte. Nos anos noventa, as transformacións na dinámica industrial dalgúns sectores como o automotriz e a electrónica provocaron cambios importantes na relación da IME co territorio. En efecto, as especificacións tecnolóxicas, os estándares de calidade e prezo dos compoñentes das maquieiras, entre outros factores, propiciaron a contratación de man de obra máis cualificada (técnicos e enxeñeiros); volveron máis complexa a organización dos procesos produtivos e a coordinación de actividades entre provedores e clientes das plantas maquieiras. Estes procesos requiren dunha evolución tanto das empresas como das institucións que proporcionan servizos directos e indirectos á produción. Así, neste ensaio aportamos elementos de análise sobre o proceso de construción da “contorna” institucional nas zonas industriais fronteirizas a partir do exemplo do Estado de Chihuahua, a súa dinámica e as formas de promoción do desenvolvemento competitivo das empresas maquieiras
  • Item type: Item ,
    O Brasil de Lula: é posible a utopía reformista na globalización financeira?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Sand Zantman, Alain
    Neste texto realízase un balance dos dous primeiros anos da política económica do equipo de Lula. A primeira parte lembra a herdanza do anterior Goberno de Fernando Henrique Cardoso. A pesar de importantes éxitos na loita contra a inflación e na reforma do sector público, aínda perduran profundos desequilibrios internos e externos cunhas elevadas taxas de xuro, unha forte volatilidade das taxas de crecemento e unha notable desigualdade no reparto da riqueza. As tensións aumentan perigosamente durante a campaña electoral a medida que o candidato socialista Lula da Silva sobe nas sondaxes: os “spreads” sobre os préstamos internacionais alcanzan niveis históricos mentres que as taxas de cambio se afunden. Como se mostra a continuación, o primeiro obxectivo do Goberno de Lula foi reasegurar os mercados financeiros e administrar un “efecto de credibilidade”: o seu equipo vai realizar reformas no sector público -no ámbito do sistema de pensións e da fiscalización- perseguindo, por outro lado, unha política de taxas de xuro orientada a loitar contra a inflación. Máis alá destas primeiras medidas de urxencia, Lula continúa claramente a política seguida por Cardoso para ben (sistema de seguridade social, sanidade, educación, reforma do sector público) e para mal (unha política máis atractiva para os especuladores financeiros que para os investidores a longo prazo). Para reducir o paro e a pobreza, o Brasil necesita taxas de crecemento máis elevadas e máis estables cás taxas correntes que se sitúan entre o 3 e o 4%. Despois da estabilización, a principal aposta da Administración Lula consistirá en mobilizar os investidores domésticos e estranxeiros no ámbito das infraestruturas e das industrias máis dinámicas, fortalecendo as políticas sociais
  • Item type: Item ,
    A fronteira como vantaxe competitiva: a produción de laranxas en ambas as dúas marxes do río Uruguai
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Ruffier, Jean
    De que modo pode transformarse unha fronteira nunha vantaxe competitiva para unha fábrica ou para unha rexión? Esta é a cuestión á que desexariamos ofrecerlle algunhas respostas. Poden verse as fronteiras como oportunidades susceptibles de favorecer o desenvolvemento industrial? Para tratar esta cuestión imos describir o éxito sorprendente dunha zona de produción de cítricos na fronteira uruguaio-arxentina. Logo, consideraremos os elementos que explican as vantaxes da fronteira
  • Item type: Item ,
    Redes migratorias vs. redes económicas. Inserción sociolaboral e contribución dos galegos ao desenvolvemento de México
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Rodríguez Galdo, María Xosé; Losada Álvarez, Abel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O interese do estudo da emigración galega en México, desde a perspectiva do papel das redes e das cadeas migratorias, radica en varias consideracións. A primeira é a súa mesma contemporaneidade Trátase, ademais, dunha emigración relativamente minoritaria, pero cualitativamente moi importante, que alcanzou un éxito económico notable e que se afianzou desde a década dos anos cincuenta como o primeiro colectivo, pola súa importancia económica e numérica, no conxunto da colonia española daquel país. O feito de constituír un movemento migratorio cunha xeografía de procedencia concentrada permite unha forte redución nos custos de información á hora de elixir o destino migratorio. Estas redes, baseadas en relacións locais primarias, son as responsables do elevado nivel de eficacia na transmisión da información imprescindible para tomar a decisión de emigrar, obter os medios materiais para a viaxe e, moi especialmente, á hora de integrarse no mercado laboral mexicano. Esta vantaxe comparativa está na base do éxito económico que a emigración galega tivo en México na segunda metade do século XX. As fortes redes económicas e sociais establecidas pola emigración galega en México tiveron unha importante repercusión en Galicia debido ás peculiaridades que reviste o retorno, xa que o regreso, agás moi raras excepcións, nunca supón unha ruptura persoal e de negocios co país de destino
  • Item type: Item ,
    Efectos potenciais dun proceso de integración económica. A experiencia de América Latina
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Riveiro García, Dolores; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Cando un país decide participar nun proceso de integración económica é porque, á marxe das razóns políticas, espera que como consecuencia desa integración será capaz de alcanzar un maior nivel de benestar. O efecto neto para o benestar é o resultado de múltiples efectos, tanto positivos coma negativos e tanto no curto coma no longo prazo, que a integración xera. Neste artigo analízanse, revisando a literatura máis relevante, os efectos potenciais que habitualmente se asocian a un proceso de integración comercial, así como as razóns que poden levar a algunhas áreas a ir máis alá no proceso de integración
  • Item type: Item ,
    Xestión de cultura organizacional e prácticas de recursos humanos na banca española multinacional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Quiñones Montoro, Mariela; Supervielle Milburn, Marcos
    O artigo aborda a problemática que xera a presenza dominante de empresas multinacionais españolas no sector financeiro de Latinoamérica en torno ao encontro dunha cultura corporativa global coas culturas locais. Nun contexto de “globalización”, tamén entendido como de sostido incremento da “reflexividade”, o artigo pescuda como estas novas condicións sobre as que opera a xa centenaria orien-tación de capitais españois na rexión inflúe nas orientacións para a acción de todos os actores implicados. Tras a revisión de varios estudos de caso en torno ás novas formas de xestión de recursos humanos que están difundindo estas empresas, o estudo conclúe que comprender as inconsis-tencias entre o que unha organización pretende lograr e a orientación das accións dos seus membros implica dar conta da acumulación de significados (cultura) producidos por todos os membros da organización. Así mesmo, observa que mentres os esforzos desas organizacións se orientan á posibilidade de manipular certas variables que gardarían unha forte relación co ambiente organizacional, estas non tomaron en conta este cambio nas condicións sociolóxicas sobre as que están intervindo para predicir os efectos da aplicación desas políticas
  • Item type: Item ,
    Leccións de integración no contexto do “NAFTA”. Unha perspectiva para a Unión Europea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Melikyan, Davit; Tamazian Shamagian, Artur; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Este artigo avalía os problemas xurdidos no desenvolvemento do sistema institucional das economías en transición e estuda o seu impacto sobre a economía. Os autores desenvolven unha metodoloxía para estimar un indicador operacional da dinámica do sistema institucional que busca a interdependencia entre “as reformas institucionais e o crecemento económico” nas economías de transición. Os resultados poñen de manifesto unha certa dependencia entre o desenvolvemento institucional e o crecemento. Tamén se discuten os problemas da integración económica internacional de economías en transición no contexto de acceso á Unión Europea. Posteriormente, analízase o caso de México como referencia para unha integración acertada de economías cun diferente nivel de desenvolvemento
  • Item type: Item ,
    O avellentamento en América Latina e no Caribe
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Palloni, Alberto; McEniry, Mary; Wong, Rebeca; Pelaez, Martha
    Este artigo céntrase nos perfís de saúde da poboacion máis madura e defende a hipótese de que o estado de saúde dos máis vellos viuse afectado significativamente pola evolución da mortalidade nos países da rexión. Utilizamos o SABE (Survey on Health and Well-Being of Elders) sobre unha mostra representativa do tipo cross-section de 10.000 persoas de 60 anos e máis, mediante enquisas realizadas a domicilio en sete grandes cidades de América Latina e do Caribe. Analizamos os seguintes indicadores de saúde: o estado de saúde subxectivo (baseándonos na declaración dos enquisados), as limitacións funcionais, as actividades cotiás (Activities of Daily Living -ADL-) e as actividades instrumentais cotiás (Instrumental Activities of Daily Living -IADL-), a obesidade (relación entre o peso en quilogramos e o cadrado da altura en centímetros) e as condicións crónicas segundo a declaración dos enquisados (incluíndose a diabetes). Analizamos as pautas de saúde e as condicións crónicas e de enfermidade confesadas polo entrevistado; tamén examinamos a relación entre as condicións da infancia e a saúde no adulto. En particular, pretendemos demostrar que as condicións de saúde da infancia teñen relación coa saúde na etapa adulta. Con todo, as relacións non son fortes e a evidencia é bastante feble aínda no mellor dos casos
  • Item type: Item ,
    Mulleres inmigrantes latinoamericanas e empresariado étnico: dominicanas en Madrid, arxentinas e venezolanas en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Oso Casas, Laura; Villares Varela, María
    Este artigo presenta, desde unha perspectiva comparada, as estratexias empresariais das mulleres inmigrantes dominicanas en Madrid e das arxentinas e das venezolanas en Galicia. O texto céntrase na análise das variables que facilitan ou que dificultan a estratexia empresarial, a saber: a situación familiar e o tipo de migración (mulleres casadas, xefas de fogares monoparentais ou solteiras sen cargas familiares); as redes sociais e comunitarias e a presenza de “enclaves” étnicos; a experiencia empresarial previa no país de orixe; a socialización familiar no traballo por conta propia e a cultura de orixe. En función da articulación destas variables configúranse as diferentes estratexias empresariais de mobilidade social: a vía empresarial como estratexia refuxio; o empresariado como estratexia de continuidade profesional e a empresa como unha estratexia de mobilidade social familiar
  • Item type: Item ,
    A economía mexicana despois do TLCAN
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Moreno Brid, Juan Carlos; Rivas Valdivia, Juan Carlos; Ruiz Nápoles, Pablo
    O artigo examina en que medida a economía mexicana alcanzou as metas clave que se querían lograr coa implementación do Acordo de Libre Comercio de Norteamérica (TLCAN) antes do ano 2005, máis de dez anos despois de que fora posto en marcha. Da análise da información estatística despréndese que a capacidade de impacto do TLCAN sobre a traxectoria de desenvolvemento económico de México -así como a do paquete de reformas macroeconómicas implementado- foi sobreestimada. Certamente, o TLCAN axudou a producir un auxe da exportación e unha afluencia de investimento estranxeiro moi necesaria para México. Pero non puido aliviar as urxencias fundamentais para o desenvolvemento económico de México e para a xeración de emprego no longo prazo. Tampouco se asegurou que o proceso macroeconómi-co da reforma fora profundo. O artigo conclúe indicando que o impacto do TLCAN alcanzou probablemente un punto de esgotamento, polo que agora México debe repensar os elementos fundamentais da súa estratexia de desenvolvemento
  • Item type: Item ,
    A industria maquieira de exportación mexicana hai 40 anos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Mercier, Delphine
    Este artigo intenta facer un balance das formas de integración rexionais da industria maquieira mexicana. A industria maquieira de exportación que se desenvolve inicialmente na fronteira cos Estados Unidos coñeceu, grazas á evolución do sistema xurídico, unha difusión en todo o país. A partir da zona franca de exportación industrial fronteiriza, situada sobre un territorio limitado circunscrito (26 km cara ao interior e 3.000 km de fronteira), pasouse á creación de puntos francos en todo o país. Estes puntos beneficiáronse das mesmas condicións fiscais que aquelas que se aplicaban na fronteira de México. Así e todo, parece que o desenvolvemento, a integración no tecido local, a evolución das condicións de traballo, as relacións profesionais, a integración técnica e tecnolóxica, a captación da man de obra, a constitución do mercado de traballo e as cualificacións non se desenvolveron da mesma forma
  • Item type: Item ,
    A educación en América Latina, entre o cambio social e a inercia institucional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) López, Néstor
    América latina vén de grandes cambios sociais, políticos, económicos e culturais, e unha das consecuencias destas transformacións é o asentamento de situacións de pobreza extrema e de exclusión. Fronte a este novo contexto xorde a pregunta sobre se non se estarán conformando escenarios sociais nos cales non están garantidas as condicións mínimas para que as prácticas educativas teñan lugar. O traballo aborda este interrogante, desenvolvéndoo en ton de ensaio a partir da observación de situacións de pobreza e de exclusión social en diversos países da rexión. A conclusión é que, fronte á profundidade dos cambios ocorridos, a debilidade institucional das escolas e dos sistemas educativos da rexión pon en risco a posibilidade de garantir unha educación de calidade para todos
  • Item type: Item ,
    Reestruturación produtiva e mercado de traballo: a experiencia brasileira
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Leite, Márcia
    O texto analiza o proceso de reestruturación produtiva no Brasil mediante unha periodización do proceso e a discusión das súas principais características en cada período, buscando descubrir o sentido das transformacións en curso. Tendo en conta as especificidades do proceso brasileiro, pártese da consideración de que hai distintas formas de integración das economías nacionais no mercado mundial, contradicindo frontalmente o principio determinista de que o proceso de globalización tende a uniformar as estruturas produtivas nas distintas rexións do mundo. Para iso, discutiranse, en primeiro lugar, as características da reestruturación produtiva no Brasil a partir dunha perspectiva histórica, relacionándoa coa cultura empresarial, obreira e sindical, tal e como se vén desenvolvendo no país desde antes do inicio do proceso de cambios; e, en segundo lugar, as implicacións dese proceso no mercado de traballo
  • Item type: Item ,
    Petróleo e democracia en Venezuela: do fortalecemento do estado á subversión soterrada e a insurrección aberta
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Lander, Luis E.
    O artigo comeza lembrando como foi que o Estado venezolano, desde os inicios da industria dos hidrocarburos no país ata a súa nacionalización no ano 1976, foi fortalecéndose no seu rol de propietario do recurso natural non renovable máis importante do país: o petróleo. A nacionalización atopou ao Estado desprovisto política e institucionalmente para afrontar a nova situación, o que posibilitou o desenvolvemento dunha política desde a xerencia da industria dirixida a aumentar os niveis de autonomía e independencia da corporación fronte ao seu dono e reducir as súas contribucións ao fisco. Iso contribuíu a un agravamento da situación económica do país e a un deterioro das condicións socioeconómicas da poboación, que abonaron o camiño para os resultados electorais de decembro do ano 1998. Ao comezar o Estado -co Goberno de Chávez a partir do ano 1999- a endereitar e a corrixir rumbos, o que fora un movemento subversivo soterrado, desprega toda a súa forza en accións insurreccionais dirixidas por vías non democráticas ao derrocamento do Goberno do presidente Chávez
  • Item type: Item ,
    Integración e crecemento económico na Comunidade Andina: máis alá da apertura comercial
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia; Aguayo Lorenzo, Eva; Cancelo Márquez, María Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Na actualidade os procesos de integración deben atender non só ás súas proxeccións económicas senón tamén á súa proxección social para o logro dos seus obxectivos. Neste sentido, cabe destacar o caso da Comunidade Andina de Nacións (CAN) polo seu recoñe-cemento do papel da educación. O obxectivo deste traballo é destacar o papel fundamental da apertura económica e da educación no crecemento económico na Comunidade Andina, para o que estimamos un modelo eco-nométrico de datos de panel para os quinquenios do período 1970-2000
  • Item type: Item ,
    Desafíos do desenvolvemento económico de América Latina: evolución en 1950-2000 e perspectivas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Guisán Seijas, María del Carmen; Aguayo Lorenzo, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Neste artigo faise unha análise comparativa do desenvolvemento económico de América latina durante o século vinte, en comparación cos EE.UU., co Canadá e con algúns países de Europa. Este estudo pon de manifesto que aínda que a taxa de crecemento do Produto Inte-rior Bruto real foi maior en Latinoamérica ca nas outras áreas, o incremento do PIB real por habitante foi menor, debido ás importantes diferenzas nas taxas de crecemento poboacional. As ditas taxas foron relativamente moderadas nos EE.UU., no Canadá e en Europa mentres que foron moi elevadas en Latinoamérica, o que ocasionou un menor crecemento en termos per cápita. O artigo dedícalle unha atención especial á evolución de México, da Arxentina, do Brasil e da América andina e analiza o impacto positivo da educación e a súa importancia para acelerar o desenvolvemento económico destes países durante as primeiras décadas do século vinte e un
  • Item type: Item ,
    Transicións ocupacionais e representacións na procura de traballo. Comparación de mercados de traballo baixo distintos réximes de welfare: São Paulo, París e Tokío
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2005) Guimarães, Nadya A.
    Este texto compara tres mercados metropolitanos de traballo -São Paulo, París e Tokío-, que se basean en tres tipos diferentes de réxime de welfare, para reflexionar sobre dúas cuestións. Primeira: ao variar os sistemas de emprego e as formas de institucionalización do desemprego, varían os patróns asumidos polas transicións e traxectorias ocupacionais, incluso as formas de recorrencia do desemprego. Segunda: ao variar as configuracións do mercado, varían as representacións sobre a busca de traballo e os patróns de mobilización de recursos para a obtención dun emprego (mecanismos institucionalizados nos sistemas de emprego e/ou de redes sociais). As informacións lonxitudinais sobre transicións ocupacionais e os datos actitudinais sobre a busca de traballo foron obtidos a partir de investigacións mostrais realiza-das en cada unha das tres metrópoles nun proxecto comparativo internacional. Nun survey complementario da investigación de emprego e desemprego entrevistouse a preto de 7.000 desempregados, representantes da realidade da rexión metropolitana de São Paulo; en dous surveys en axencias de emprego (dos sistemas ANPE en Francia e PESO no Xapón) entrevistáronse preto de 1.600 demandantes de traballo en París e 1.500 en Tokío