OARMA

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/34375

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 8 of 8
  • Item type: Item ,
    Nuevas fuentes documentales sobre la vida y obra de Domingo Fontán Rodríguez: la colección privada de Julio Estrada Nérida
    (Sociedad de Ciencias de Galicia, 2022) Fernández Pérez, Iván; Docobo Durántez, José Ángel; Estrada Nérida, Julio
    Sobre la vida y obra de Domingo Fontán Rodríguez se han escrito varias monografías en las que destacan las realizadas por Gonzalo Méndez Martínez, Xosé Lois Vila Fariña o Baldomero Cores Trasmonte. En los últimos tiempos han aparecido además nuevos trabajos que han puesto de actualidad a este relevante científico y político gallego del siglo XIX, como por ejemplo los publicados por César Camargo Sánchez, María del Carmen Álvarez Monterroso, Ana Suárez Gamarra e Iván Fernández Pérez. No es intención de este trabajo elaborar una biografía exhaustiva de Domingo Fontán Rodríguez puesto que resultaría sumamente extenso, pero sí pretendemos dar a conocer las fuentes documentales que se conservan en la colección privada de Julio Estrada Nérida sobre esta personalidad, así como contextualizarlas en relación con su gran obra, la Carta Geométrica de Galicia, y el fallido comienzo de los trabajos de la Carta General del Reino. Para esto último utilizaremos fundamentalmente las fuentes primarias que se conservan en la Fundación Domingo Fontán.
  • Item type: Item ,
    La proyección nacional e internacional del científico gallego Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866)
    (Sociedad de Ciencias de Galicia, 2021) Fernández Pérez, Iván; Docobo Durántez, José Ángel; Estrada Nérida, Julio
    Domingo Fontán Rodríguez, catedrático de matemáticas sublimes de la Universidad de Santiago de Compostela y autor de la Carta Geométrica de Galicia, es una de las personalidades históricas de la Galicia del siglo XIX que se han dedicado a la ciencia y al desarrollo económico de su tierra. Aunque ya se han escrito relevantes biografías y trabajos sobre su figura, en el presente artículo se pretende profundizar en el reconocimiento que tuvo en la capital de la Corte y también fuera de las fronteras españolas.
  • Item type: Item ,
    Novos apuntamentos para a biografía de José Rodríguez González, o matemático do Bermés
    (Real Academia Galega de Ciencias, 2016) Fernández Pérez, Iván
    A pesares dos diversos traballos publicados sobre a figura de José Rodríguez González, e tamén dos esforzos realizados nos últimos tempos a prol do recoñecemento deste persoeiro, aínda quedan aspectos inéditos por tratar e segue a ser necesario completar a súa biografía e reivindicar a repercusión histórica das achegas deste matemático galego do século XIX. Pretendemos neste artigo, contribuír con novos apuntamentos para unha pendente biografía completa, unha vez analizados polo miúdo documentos de arquivo existentes nas universidades de Santiago de Compostela e de Gotinga. Dividiremos este traballo, en dúas partes. A primeira relacionámola coa obtención da cátedra de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que serviulle de pulo para que anos máis tarde pasase a Francia para formarse cos mellores científicos da época e lle permitise participar na medición do arco meridiano e triangulación das Illas Baleares, o que lle deu sona internacional. A segunda parte está en relación coa súa estadía en Alemaña, onde podemos confirmar a relación que tivo Rodríguez con Carl Friedrich Gauss, un dos matemáticos máis sobranceiros de todos os tempos.
  • Item type: Item ,
    A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa
    (Real Academia Galega de Ciencias, 2011) Fernández Pérez, Iván
    De José Rodríguez González (tamén nomeado na literatura científica como Joseph ou Pedro Jospeh Rodríguez González), coñecido como o Matemático de Bermés, aínda quedan aspectos por investigar e profundar. Amosamos neste artigo algún dato novo sobre a súa estadía en Alemaña e presentamos unha tradución ao galego da súa obra Ueber die Gröfsenverhältnisse des Erd-Sphäroids publicada en 1817 na revista Zeitschrift für Astronomie und verwandte Wissenschaften. A existencia deste traballo foi comunicada por nós en 2010 no Congreso Público de Astronomía O Camiño das Estrelas – As Estrelas do Camiño, e posteriormente no artigo Dúas obras inéditas de José Rodríguez González na revista Descubrindo (Fernández, 2011).
  • Item type: Item ,
    Notas sobre os inicios da Astronomía en Galicia: de Domingo Fontán a Ramón María Aller
    (Seminario de Estudos de Deza, 2013) Fernández Pérez, Iván
    No desenvolvemento da Ciencia en xeral e da Astronomía en particular, son numerosos os exemplos de persoas que dedicaron parte do seu tempo a experimentar cuestións que lles suscitaban curiosidade. Queremos amosar neste artigo unhas notas coas primeiras achegas sobre distintas cuestións astronómicas de algúns galegos ou residentes en Galicia. Salientamos, entre outras, as observacións planetarias de Domingo Fontán Rodríguez e do papel xogado polo seu mestre José Rodríguez González, unha publicación sobre cometas de Armando Cotarelo Valledor, uns artigos sobre choivas de estrelas e unha eclipse dun grupo de mozos entusiastas da Coruña liderados. por Emilio Nóvoa González, e os comezos das observacións astronómicas de Ramón María Aller Ulloa, que logo terían unha continuidade exemplar nos observatorios de Lalín e de Santiago cando o padre Aller se incorporou á Alma Máter compostelá.
  • Item type: Item ,
    Dúas obras inéditas de José Rodríguez González
    (Seminario de Estudos de Deza, 2011) Fernández Pérez, Iván
    Existen importantes contribucións sobre o que, sen dúbida, foi o primeiro gran matemático e xeodesta galego, José Rodríguez González “O matemático do Bermés”, como a extensa biografía preparada polo ilustre astrónomo lalinense Ramón Mª Aller Ulloa ou o traballo de Armando Vázquez Crespo, que podemos atopar no número 1 de Descubrindo Deza. Malia todo, cremos que aínda non se pode dicir que está todo escrito sobre esta figura. Exporemos a continuación uns apuntamentos sobre este persoeiro aínda pouco coñecido na Ciencia galega e falaremos de dúas publicacións inéditas súas que non aparecen nas biografías feitas sobre a vida e obra deste científico: Ueber die Gröfsenverhältnisse des Erd-Sphäroids e Notice géognostique sur la Sierra Nevada.
  • Item type: Item ,
    Actividade científica do matemático José Rodríguez González durante a súa estadía en Madrid (1819-1823)
    (Seminario Diocesano de Lugo, 2018) Fernández Pérez, Iván
    Aínda que existen varias biografías sobre José Rodríguez González (1770-1824), natural da parroquia de Santa María de Bermés, bispado de Lugo, como a realizada por Ramón María Aller en 1929, cómpre facer unha profunda revisión sobre os datos biográficos que se coñecen deste persoeiro. Unha vez analizada polo miúdo toda a información dispoñible, semella o momento oportuno para ir incorporando así mesmo os últimos achados atopados sobre a vida deste científico, agora que estase a piques de celebrar o 250 aniversario do seu nacemento. Neste artigo preténdese incorporar novos datos para a súa biografía no relativo a súa estadía en Madrid como profesor de astronomía do Museo de Ciencias Naturales e como director do Observatorio Astronómico de Madrid.
  • Item type: Item ,
    A obra científica do matemático e astrónomo galego José Varela Ulloa
    (Seminario Diocesano de Lugo, 2012) Fernández Pérez, Iván
    A figura do mariño José Varela Ulloa e, en especial a súa obra científica, é bastante descoñecida en Galicia. Pretendemos dar a coñecer os principais traballos astronómicos e cartográficos deste mestre de Matemáticas da na Academia de Gardas Mariñas de Cádiz, o cal participou en distintas misións ordenadas pola Coroa española. Cabe salientar, ademais dos seus escritos, a elaboración de varios mapas bastante precisos de distintas zonas das costas africanase de América do Sur.