EC/019-Vol.19, Núm. Extraordinario (2010)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18929
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 13 of 13
Item type: Item , Diferentes aspectos da transferencia de tecnoloxía: construíndo unha rede de transferencia de tecnoloxía competitiva a nivel global(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Gibson, David V.; Mahdjoubi, DariusA Rede de Empresas Tecnolóxicas da Universidade (UTEN), que foi creada en marzo do ano 2007, inclúe quince universidades portuguesas e selecciona socios internacionais nun programa de cinco anos de duración que é financiado polo Goberno portugués. Participan neste programa o Instituto IC2 (Innovación, Creatividade e Capital) da Universidade de Texas en Austin, a Fundación Nacional de Ciencia de Portugal (FCT), os axentes de transferencia de tecnoloxía de Portugal (OTRI) e algúns socios internacionais. O obxectivo principal é acelerar o desenvolvemento dunha rede de comercialización e transferencia de tecnoloxía profesional que sexa sostible e competitiva globalmente. Dentro de Portugal, aumenta a súa competitividade internacional en ciencia de base universitaria e na comercialización e na transferencia de tecnoloxía. Para estudar e explicar as principais cuestións de transferencia de coñecementos deste proxecto utilízase o “modelo espiral de coñecemento” (Nonaka e Takeouchi, 1995), que se basea na distinción entre a teoría do coñecemento tácito e explícito desenvolvida por Polanyi (1966). Dentro do modelo espiral de coñecemento hai catro tipos de transformación de coñecemento: 1) socialización: de tácito a tácito; 2) externalización: de tácito a explícito; 3) combinación: de explícito a explícito; 4) internalización: de explícito a tácito. Dentro do programa da UTEN hai actividades e programas que relacionamos cos catro grupos de transformación do coñecemento do modelo espiral de coñecemento. As actividades da UTEN inclúen talleres internacionais, semanas de formación, formación no emprego, prácticas internacionais e formación “in-situ”Item type: Item , Sistemas de innovación rexionais: o caso do País Vasco(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) López Rodríguez, Jesús; Faíña Medín, José Andrés; Manso, GuillermoEste traballo céntrase na análise dos impactos do sistema rexional de innovación no País Vasco, e especialmente na súa capacidade para impulsar a transformación estrutural da economía vasca e potenciar a súa competitividade no contexto da crecente globalización e ampliación da UE. Despois de describir as grandes liñas da formación e do desenvolvemento do sistema vasco de innovación rexional, analízanse os seus trazos máis idiosincráticos (o papel dos centros tecnolóxicos), as etapas e os obxectivos da política de innovación e a súa capacidade para superar a dependencia de sectores industriais moi arraigados na economía vasca tras a reestruturación dos anos oitenta. Os resultados desta transformación situaron ao País Vasco entre as comunidades españolas líderes en termos de actividades de I+D+i e de número de empresas innovadorasItem type: Item , O sistema galego de innovación e a política de innovación: balance dunha década(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Vence Deza, Xavier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaRealízase unha análise dos trazos máis importantes da evolución do sistema galego de innovación ao longo da última década. Examínase a posición relativa de Galicia no cadro europeo con base nos indicadores sintéticos de innovación e examínanse as tendencias evolutivas con base nos indicadores de input e output das actividades de I+D e de innovación. Faise tamén un balance das políticas de I+D e innovación do Goberno autónomo, así como dos cambios na configuración do ensino superiorItem type: Item , Colaboración tecnolóxica e innovación nas empresas de base tecnolóxica: implicacións das relacións con universidades e outros socios tecnolóxicos(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Nieto, María Jesús; Santamaría, LluisNeste traballo analízase empiricamente o papel da colaboración tecnolóxica no proceso innovador das empresas de base tecnolóxica (EBT). Explórase o impacto da relación tecnolóxica das EBT con distintos socios nos resultados innovadores alcanzados por estas empresas. Particular atención préstaselle ao papel das universidades como motores da innovación e, máis concretamente, como socios tecnolóxicos das EBT. A análise empírica baséase no Panel de Innovación Tecnolóxica (PITEC) para o período 2004-2007. Os principais resultados do traballo mostran o rol que desempeñan as universidades como socios tecnolóxicos, especialmente importante no plano das actividades e resultados de exploración. Así mesmo, atópase que os vínculos con clientes e provedores aumentan a probabilidade de alcanzar innovacións en produto e proceso, asimilables a resultados de explotaciónItem type: Item , Innovación aberta: desafíos organizacionais deste modelo de xestión da innovación para as empresas(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) López Rodríguez, José; García Lorenzo, AntonioO obxectivo deste traballo é ofrecer unha reflexión e unha análise dos principais problemas que formula a nivel organizacional a innovación aberta. Para iso utilizamos dous elementos conceptuais claves do deseño organizacional: a coordinación e os incentivos, que nos serven para enmarcar as principais dificultades que se derivan da posta en funcionamento dun modelo de innovación aberta. Os problemas de coordinación xorden como resultado da colaboración con outros axentes. Dentro deste ámbito formulamos dous tipos de problema: problemas de rede e problemas de diverxencia de obxectivos. Os problemas de incentivos xorden das dificultades para a creación e captura de valor das innovacións. Dentro deste ámbito formulamos catro problemas: problemas coas ideas esquecidas no interior da empresa, problemas na revelación de información, problemas de equipo e problemas na explotación de tecnoloxíasItem type: Item , Clusters industriais e innovación rexional: unha avaliación e implicacións para a cohesión económica(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Borghi, Elisa; Bo, Chiara F. del; Florio, MassimoEste traballo estuda o papel dos clusters industriais para fomentar a innovación rexional e a cohesión económica en Europa. A partir dunha visión de conxunto dos clusters industriais na UE, na que se destacan as fortalezas e debilidades das aglomeracións de empresas, investigamos empiricamente a forma en que os clusters e as características rexionais afectan ao investimento en I+D e ao output de innovación e, así mesmo, investigamos o papel que desempeñan no impulso da cohesión económica. Atopamos que a existencia e o tamaño dos clusters rexionais fomentan de maneira significativa a innovación rexional en Europa. Porén, ten importancia a industria na que se especializan as distintas rexións. En particular, a especialización en clusters de tecnoloxía media-alta e alta parece crear unha contorna máis favorable para a innovación e para a I+D. Por último, a presenza de clusters nunha rexión asóciase positivamente con maiores niveis de empregoItem type: Item , As políticas de I+D+i ante a crise(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Mas, Matilde; Quesada, JavierXunto ás reformas estruturais no ámbito financeiro, orzamentario e laboral, o fomento do investimento en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) converteuse nun obxectivo común das propostas económicas para saír da actual crise. Esta recomendación acompáñase do obxectivo de impulsar un cambio estrutural que faga crecer a produción e o emprego nos sectores máis intensivos en I+D+i e no uso de capital TIC (novas tecnoloxías da información e das comunicacións). O traballo argumenta que, cando menos tan importante como aumentar o gasto en I+D+i, é conseguir un dobre obxectivo: 1) maior presenza do sector privado e 2) maior coordinación entre os diferentes organismos públicos involucrados, e entre estes e o sector privadoItem type: Item , Crecemento económico e innovación: un breve apuntamento acerca da evidencia empírica(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Myro, RafaelEste artigo estuda as relacións entre progreso técnico e esforzo tecnolóxico propio nos países máis desenvolvidos, un aspecto central para a súa política económica, e por iso suxeito a un permanente debate. Malia os notables avances que se produciron na teoría do crecemento durante máis de dúas décadas, que lograron situar a innovación no seu centro, e malia a proliferación dos contrastes empíricos, que tenderon a confirmar as hipóteses centrais, enriquecendo notablemente o campo de análise, aínda non se coñecen ben os factores que transforman un esforzo tecnolóxico dado en innovación, e despois en ganancias de produtividade. Neste artigo apúntanse algunhas hipóteses á luz dos datos máis recentesItem type: Item , Comportamento innovador. Unha análise das empresas localizadas na Comunidade galega(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Montoro Sánchez, María ÁngelesO obxectivo deste traballo é a análise do comportamento innovador das empresas con maior esforzo por persoal empregado e gastos destinados a I+D na Comunidade galega. A análise do Panel de Innovación Tecnolóxica permitiu elaborar un perfil da empresa galega innovadora con base no tipo de innovación que realiza (en produto e en proceso), nas relacións de cooperación que mantén con outras organizacións, no acceso a fontes de financiamento públicas complementarias para o desenvolvemento da innovación (nas súas diferentes procedencias: locais, autonómicas, estatais e europeas), e no peso de determinados factores como obstáculos ao desenvolvemento da innovaciónItem type: Item , A distribución da I+D entre as rexións españolas(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Villaverde Castro, José; Maza Fernández, AdolfoNeste traballo analízase o esforzo investidor en I+D realizado en España nos últimos anos. Tras evidenciar que, no contexto da UE, é moita a distancia que nos separa do esforzo realizado polos países máis avanzados e que as disparidades entre eles son amplas, aínda que decrecentes, o traballo –mediante a aplicación de indicadores de desigualdade e técnicas non paramétricas– céntrase en desvelar as características da distribución rexional da I+D en España. A este respecto, a principal conclusión que se obtén é que, a nivel agregado, as desigualdades rexionais son bastante fortes e, salvo a partir do ano 2004, non ofrecen demasiadas mostras de reducirse co paso do tempo; e, polo que respecta aos sectores de execución, só o das Administracións Públicas exhibiu unha marcada pauta decrecente. Adicionalmente, aprécianse cambios importantes na forma externa da distribución que son compatibles cunha notable persistencia no ranking rexional. Por último, o traballo conclúe apuntando que o PIB per capita e a estrutura produtiva son factores que explican en boa medida a distribución rexional da I+D en EspañaItem type: Item , As disparidades rexionais na Unión Europea ampliada(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Ezcurra, RobertoNeste traballo estúdanse as disparidades rexionais en termos de PIB por habitante na Unión Europea ampliada ao longo do período 1995-2006. Para iso combínase a información proporcionada por unha análise non paramétrica da distribución obxecto de estudo co cálculo de diferentes medidas procedentes da literatura dedicada ao estudo da desigualdade persoal da renda. Os resultados obtidos mostran unha redución das disparidades rexionais ao longo do período analizado, debido fundamentalmente á evolución experimentada polas rexións de Europa Central e Oriental durante os doce anos considerados. Así mesmo, a evidencia empírica achegada pon de manifesto a existencia simultánea de converxencia entre países e de diverxencia a nivel rexionalItem type: Item , Crecemento urbano: tendencias vs. ruído(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Duranton, GillesNeste artigo lévase a cabo unha análise comparativa dos modelos de crecemento urbano clásico e aleatorio para comentar a súa capacidade explicativa dos fenómenos de crecemento urbano e da distribución por tamaño das cidades. O proceso de innovación baseado na experimentación incorporado aos modelos de crecemento urbano clásico achega nova luz sobre a coexistencia de cidades diversificadas e especializadas e sobre o papel das cidades diversificadas como cidades viveiro para facilitar a experimentación (Duranton e Puga, 2001). Os modelos de crecemento urbano clásico non xeran de forma natural a lei de Zipf (a regra rango-tamaño para as cidades), mentres que os modelos de crecemento aleatorio nos achegan un conxunto de explicacións para este feito estilizado. Tamén se examinan os fundamentos teóricos e o grao de compatibilidade de ambos os dous tipos de modelos. Conclúese a necesidade dunha formulación exacta das condicións baixo as que ambos os dous tipos de modelos poden ser compatiblesItem type: Item , I+D+i e cohesión socioeconómica: temas clave para unha reflexión desde Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2010) López Rodríguez, Jesús; Faíña Medín, José Andrés