Nocello, noelo, tornecelo... Variación léxica e mudanza no galego contemporáneo

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte para a realización de estudos que permitan coñecer a variación lingüística nos distintos niveis de análise, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinada área asociadas a unha mesma variable. Para o territorio galego contamos cos datos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) (1934) e do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) (1974). Estes dous atlas ofrecen numerosa información organizada onomasioloxicamente, entre a que distan corenta anos, o que posibilita a realización de estudos sobre variación e cambio lingüístico. O noso obxectivo é analizar as denominacións existentes para nocello ‘parte saínte dos ósos que forma a articulación da perna co pé’ no territorio galego a partir dos datos do ALPI e do ALGa, que complementamos con datos extraídos doutros atlas rexionais, así como de corpus lexicográficos. A análise das distintas variantes realizarase tendo en conta, por un lado, a distribución xeográfica en ambos os atlas, o que nos permitirá observar a existencia de procesos de cambio lingüístico e, polo outro, as motivacións semánticas, principalmente metafóricas, que dan lugar á variedade de formas.

Description

Comunicación presentada no XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio e memoria. Madrid, 10-15 de setembro 2018

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial 4.0 Internacional