Os problemas léxico-semánticos e a súa anotación no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Hoxe en día a Lingüística de Corpus é unha peza fundamental da Lingüística Aplicada.
É difícil concibir a lingüística actual sen os corpus. Neste senso, os corpus de
aprendentes son ferramentas esenciais para comprendermos e mellorarmos a teoría da
adquisición das linguas e as metodoloxías necesarias para o proceso de ensinoaprendizaxe.
Neste traballo afondaremos no funcionamento dos corpus de aprendentes con anotación
informatizada de erros e nas súas clasificacións dos problemas léxico-semánticos. Logo,
aplicaremos as nosas pescudas sobre o Corpus de textos galegos escritos por estudantes
no ámbito académico (CORTEGAL) analizando os problemas léxico-semánticos e
ofrecendo unha proposta de clasificación e etiquetaxe
Description
Traballo de Fin de Máster en Lingüística Aplicada. Curso 2019-2020








