Órganos de control e xestión da radiotelevisión pública estatal e autonómica en España. A cualificación e profesionalidade de Directores xerais, Consellos de Administración, Comisións de Control Parlamentario e Consellos Audiovisuais

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-605-5

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A aparición da radiotelevisión marcou un punto de inflexión na forma de crear opinión, xa que durante moitos anos a maior parte da nosa poboación vía e identificaba o mundo da política a través dos telexornais e os informativos radiofónicos. É por todo isto, polo que a enorme responsabilidade social dun medio tan influínte como a radiotelevisión esixe un certo nivel de control, sobre todo cando falamos de medios públicos, ao servizo de toda a cidadanía. E máis nun momento no que as novas tecnoloxías están a orde do día. Coa implantación da Televisión Dixital Terrestre e de Internet cómpre revisar o concepto de servizo público de televisión e entendelo nun senso moito máis interactivo e participativo, con contidos especiais dirixidos a todo tipo de públicos. Xunto con esta revolución mediática, estamos asistindo en España a un constante cambio no ámbito radiotelevisivo público. Por unha banda, nos últimos catro anos a política audiovisual do Goberno central mudou de dirección en varias ocasións. Inicialmente, foi aprobada a Lei 17/2006 da Radio e Televisión de Titularidade Estatal, que conseguiu implantar unha organización e xestión máis transparente da radiotelevisión pública, tras máis de vinte e cinco anos cunha regulación ancorada no pasado. Non obstante a partir do ano 2009, entraron en vigor varias leis, como a Lei 8/2009 de Financiamento da CRTVE e a Lei 7/2010 Xeral de Comunicación Audiovisual, que favorece en gran medida aos operadores privados. Por outro lado, algunhas leis de radiotelevisións públicas autonómicas, especialmente da primeira xeración, cambiaron a súa normativa de creación coa finalidade de mellorar a independencia e cualificación dos seus órganos de xestión e/ou control. Finalmente, na última década apareceu unha terceira xeración de entidades públicas autonómicas audiovisuais, caracterizadas na maioría das ocasións pola externalización de toda o parte da súa programación. Aparecen, polo tanto, diferentes modelos de radiotelevisión pública autonómica en España. Non obstante, todos eles deben afrontar os novos retos tecnolóxicos mantendo o rol de servizo público. Neste contexto fanse necesarios mecanismos de control cualificados e independentes dos poderes –empresariais e políticos- a partir dos cales sexa posible configurar unhas verdadeiras radiotelevisións públicas. Desde esa perspectiva abordamos este traballo de investigación, coa finalidade de dar a coñecer cales son os mecanismos que existen en España para controlar a radiotelevisión pública, tanto estatal como autonómica, nun marco onde o noso país é un dos poucos, a nivel europeo, que non dispón dunha autoridade independente de control da televisión, aínda que a Lei 7/2010 da Radio e Televisión de Titularidade Estatal prevé a súa creación. A finalidade concreta desta investigación é, polo tanto, coñecer o grao de profesionalidade e cualificación así como a posibilidade de ligazón político-partidista dos principais órganos de xestión e control das radiotelevisións públicas, estatal e autonómicas, en España. Isto é, o obxectivo é facer unha primeira aproximación do nivel de adecuación dos membros ou representantes dos órganos da radiotelevisión públicas aos requisitos establecidos lexislativa e teoricamente.

Description

Bibliographic citation

LÓPEZ CEPEDA, Ana María: «Órganos de control e xestión da radiotelevisión pública estatal e autonómica en España. A cualificación e profesionalidade de Directores xerais, Consellos de Administración, Comisións de Control Parlamentario e Consellos Audiovisuais». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011. ISBN 978-84-9887-605-5

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl