As redes sociais na estratexia comunicativa das radiotelevisións públicas europeas

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias da Comunicación
dc.contributor.authorFernández Lombao, Tania
dc.date.accessioned2025-01-12T11:08:46Z
dc.date.available2025-01-12T11:08:46Z
dc.date.issued2015
dc.description.abstractAs radiotelevisións estatais públicas da Unión Europea están implementando paulatinamente novas fórmulas de comunicación para favorecer a interactividade e a xeración de conversa mediática coas audiencias. A pesar das reticencias iniciais, as vinte eoito corporacións analizadas apostaron polo social media e dispoñen de contas en redes sociais, principalmente en Facebook e Twitter, aínda que tamén en Youtube e Linkedin. Esta investigación ofrece unha foto fixa da presenza das radiotelevisións públicas europeas nas redes sociais en novembro de 2014 no que se refire a número de contas, uso e seguidores. Ademais, detéctase que as corporacións carecen, en xeral, de directrices que guíen o seu quefacer neste eido tan diferente ao da comunicación tradicional. A metodoloxía empregada nesta investigación baseouse na observación das redes sociais de todos e cada un dos entes analizados así coma na indagación e análise de contido das guías editoriais sobre social media das corporacións de Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Irlanda, Reino Unido e Romanía
dc.description.abstractPublic radiotelevisions in European Union are gradually implementing new ways of communication to encourage interactivity and generate mediatic conversation with media audiences. Despite initial reluctance, the twenty-eight corporations analyzed in this study opted by social media and have accounts on social networks, especially Facebook and Twitter, but also on Youtube and Linkedin. This research provides a snapshot of the presence of European public broadcasting service in social networks in November 2014 in terms of number of accounts, use and followers. In addition, it detects that corporations, in general, lack guidelines which guide its task in this area so different from the traditional media. The methodology used in this research was based on the observation of social networks to each and every one of the companies as well as the investigation and analysis of the content of the editorial guidelines on social media of corporations in Austria, Belgium, Finland, France, Ireland, UK and Romania
dc.description.sponsorshipEste artigo foi desenvolvido como parte das actividades da Rede Internacional de Investigación de Xestión da Comunicación (R2014/026XESCOM), coordinada polo grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, conxuntamente coa participación dos grupos IMARKA da Coruña, NECOM e MILE de Vigo e investigadores das Universidades Fernando Pessoa, Departamento de Linguas e Literaturas Modernas de Açores e Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade da Universidade de Minho en Portugal, do Grupo Medios e Sociedade da Autónoma de Tamaulipas en México e das Escolas de Comunicación das Universidades Técnica Particular de Loja e Pontificia Católica sede de Ibarra en Ecuador. Con estas dúas últimas Universidades (PUCESI e UTPL) de Ecuador a Rede XESCOM participa no Programa Prometeo de SENESCYT
dc.identifier.citationFernández Lombao, T. (2015, 17-20 junio). As redes sociais na estratexia comunicativa das radiotelevisións públicas europeas. Iberian Conference on Information Systems and Technologies (CISTI), Aveiro, Portugal. https://doi.org/10.1109/CISTI.2015.7170573
dc.identifier.doi10.1109/CISTI.2015.7170573
dc.identifier.isbn978-9-8998-4345-5
dc.identifier.issn2166-0727
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/10347/38505
dc.language.isoglg
dc.publisherIEEE
dc.relation.publisherversionhttps://doi.org/10.1109/CISTI.2015.7170573
dc.rights.accessRightsopen access
dc.subjectRadiotelevisións públicas
dc.subjectRedes sociais
dc.subjectGuías editoriais
dc.subjectPublic radiotelevisions
dc.subjectSocial networks
dc.subjectEditorial guidelines
dc.titleAs redes sociais na estratexia comunicativa das radiotelevisións públicas europeas
dc.title.alternativeSocial networks in the communication strategy of the European public radiotelevisions
dc.typebook part
dc.type.hasVersionAM
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication2668765c-d753-4c13-86c9-5259ad097d65
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery2668765c-d753-4c13-86c9-5259ad097d65

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
2015_cisti_fernandez_redes.pdf
Size:
1.78 MB
Format:
Adobe Portable Document Format