Novos retos sistémicos: na procura doutros públicos desde o canon da LIX

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O presente traballo busca estudar e sistematizar, a través da análise de tres obras narrativas, o fenómeno de migración de tres autores canónicos da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIX), Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey, cara á narrativa para público adulto a partir da segunda década do século XXI. Desenvólvese unha achega expositiva á traxectoria literaria de cada un destes autores no eido da LIX, contextualizada no marco socio-político e cultural da Galicia dos anos noventa e da primeira década dos anos dous mil. Así mesmo, preséntase unha análise pormenorizada das tres obras seleccionadas, A viaxe de Gagarin (2014); de Agustín Fernández Paz; A nena do abrigo de astracán (2017), de Xabier P. Docampo e A muller xabaril (2023), de Fina Casalderrey, atendendo particularmente aos aspectos técnico-temáticos comúns e á recepción das novelas por parte da crítica e do público lector. Ofrécese, a propósito das obras estudadas, unha relación dos parámetros sistémico-literarios que subxacen na decisión de aposta pola literatura para adultos de tres autores da denominada Xeración Lamote, así como dos cambios socio-culturais e económicos que influíron no cambio dos seus proxectos narrativos.

Description

Traballo de Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2024-2025

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights