A responsabilidade social empresarial e os recursos humanos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é un conxunto de medidas que adoptan as empresas e as organizacións de forma voluntaria para o ben común. Os motivos polos que establecen estes códigos de conduta para este fin poden ser diversos.
O traballo que nos atinxe consta de 9.963 palabras e pretende saber se os empregados coñecen este concepto aplicado aos Recursos Humanos (RRHH) e o perciben nas empresas nas que traballan. Poderemos así recoñecer o grao de coñecemento e a valoración que teñen sobre a RSE.
Para isto, recollemos información sobre a RSE para coñecer en profundidade o concepto, centrándonos na parte que afecta aos recursos humanos. Realizamos, ademais, un estudo empírico no que difundimos unha enquisa a traballadores para poder dar resposta aos obxectivos do estudo.
Analizamos os resultados obtidos das frecuencias das variables prantexadas e a través do programa estatístico informático SPSS.
Obtemos desta análise que o grao de coñecemento dos empregados sobre a RSE é alto, saben identificar as medidas correctas que implican este concepto.
As medidas da RSE relacionadas cos RRHH mellor valoradas son a Igualdade, a Formación Permanente e a Conciliación.
Sen embargo, a realidade mostra que nas empresas non están moi instaurados estes conceptos senon que a formación que ofrecen é puntual, na conciliación só o 18% das empresas a acepta e a igualdade entre mulleres e homes tanto en postos de responsabilidade como en salarios non se ve reflectida.
Description
Traballo Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas








