Análise das interpretacións de nenos de 3º de Infantil sobre a combustión dunha candea
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)
Abstract
Os nenos e as nenas teñen unha curiosidade e unha necesidade innata de explorar o seu entorno. Continuamente fanse preguntas e senten unha gran satisfacción cando teñen a oportunidade de tocar e manipular obxectos (Brown, 1991). Este entusiasmo e ganas de saber deben ser aproveitados para introducir actividades de ciencias na Educación Infantil, xa que a medida que os nenos van investigando sobre as propiedades dos obxectos do seu entorno, van engadindo coñecementos á súa bagaxe. Cantas máis oportunidades teñan de explorar, mellor base terán para desenvolver novos conceptos nun futuro. Por outra banda, autores como Gelman e Brenneman (2004) sinalan que a implementación de actividades de ciencias en Educación Infantil favorece o desenvolvemento cognitivo dos nenos ao darlles a oportunidade de exercitar destrezas, predicir, facer inferencias ou enfrontarse a conflitos cognitivos. Nesta comunicación preséntase un estudo desenvolto en tres grupos de nenos (A, B e C) de 3º de Educación Infantil (5-6 anos) co fin de coñecer como interpretan a combustión dunha candea dentro dun recipiente de cristal.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 30, Nº. 84, 2017 (Ejemplar dedicado a: Recoge los resúmenes de los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (30. 2017. Allariz)), págs. 65-66
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
http://www.enciga.org/files/boletins/84/FQ_Sesto_Varela_Vanessa_Analise_das_interpretacions_de_nenos_de_3_de_infantil.pdfSponsors
Ao proxecto de investigación EDU2015-66643-C2-2-P financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.
Rights
Copyright © 2017 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)








