O léxico literario de Ánxel Fole

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Neste estudo elaboramos un traballo de lexicografía práctica documentado na obra literaria de Ánxel Fole, autor ben significativo no panorama da literatura galega. Conforman a base documental 5 obras publicadas entre 1953 e 1981 que nos permiten elaborar un Glosario de 7.876 termos para os que establecemos como principio de clasificación a orde alfabética, ó igual ca nun Dicionario xeral de uso. Trátase dun estudo de léxico documentado, cun sistema de análise que describrimos nas páxinas que preceden o Glosario. As diversas palabras léxicas e gramaticais rexistradas lematízanse baixo a forma correspondente, inclúen a súa caracterización gramatical, as distintas acepcións e unha cita ou exemplo que ilustra o significado e o uso que o autor lles dá. A continuación, nos casos que se documentan, figuran as unidades fraseolóxicas. É un traballo descritivo, mais o enfoque normativo está igualmente presente. Consideramos que o enfoque descritivo e normativo non son incompatibles e empregamos este último para dar información sobre as preferencias actuais no estándar moderno, naqueles casos en que a forma empregada polo autor presenta diferenzas ou variacións coa actual. Tentamos, pois, recoller o tesouro léxico amasado por Ánxel Fole na súa obra literaria e facer unha análise, que pretende ser exhaustiva, desde unha perspectiva lexicográfica.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl