RT Dissertation/Thesis T1 O léxico literario de Ánxel Fole A1 Ares Vázquez, María Carme A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Programa de doutoramento Lingüística galega, K1 Acepción K1 categoría gramatical K1 sublema K1 definición K1 entrada K1 exemplo K1 fraseoloxía K1 unidade pluriverbal K1 léxico K1 lexicografía AB Neste estudo elaboramos un traballo de lexicografía práctica documentado na obra literaria de Ánxel Fole, autor ben significativo no panorama da literatura galega. Conforman a base documental 5 obras publicadas entre 1953 e 1981 que nos permiten elaborar un Glosario de 7.876 termos para os que establecemos como principio de clasificación a orde alfabética, ó igual ca nun Dicionario xeral de uso. Trátase dun estudo de léxico documentado, cun sistema de análise que describrimos nas páxinas que preceden o Glosario. As diversas palabras léxicas e gramaticais rexistradas lematízanse baixo a forma correspondente, inclúen a súa caracterización gramatical, as distintas acepcións e unha cita ou exemplo que ilustra o significado e o uso que o autor lles dá. A continuación, nos casos que se documentan, figuran as unidades fraseolóxicas.É un traballo descritivo, mais o enfoque normativo está igualmente presente. Consideramos que o enfoque descritivo e normativo non son incompatibles e empregamos este último para dar información sobre as preferencias actuais no estándar moderno, naqueles casos en que a forma empregada polo autor presenta diferenzas ou variacións coa actual.Tentamos, pois, recoller o tesouro léxico amasado por Ánxel Fole na súa obra literaria e facer unha análise, que pretende ser exhaustiva, desde unha perspectiva lexicográfica. YR 2016 FD 2016-04-28 LK http://hdl.handle.net/10347/14698 UL http://hdl.handle.net/10347/14698 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026