A poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua galega e literatura, Educación física e Libre configuración
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A poesía é un xénero literario con múltiples posibilidades didácticas alén do traballo
estritamente lingüístico. Esta ferramenta didáctica permite ampliar o imaxinario dos
discentes en materia motriz, literaria, creativa ou expresiva, entre outras. Por tanto
este TFG titulado A poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua
galega e literatura, Educación física e Libre configuración constitúe unha asociación
de tres áreas do currículo de Educación Primaria coa intención de conxugar os
saberes cunha metodoloxía integradora.
Na xustificación teórica saliento a relevancia da inclusión lírica no eido escolar, valoro
o seu potencial como medio transversal na esfera infantil e contextualizo o panorama
literario contemporáneo en Galicia. No Corpus de traballo recollo sete poetas
vencellados coa localidade de A Estrada e escolmo as obras e as composicións coas
que traballa o alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP de Figueiroa. A cerna do
TFG é o deseño e a aplicación dunha unidade didáctica integrada (UDI) denominada
Setestrelo poético coa que pretendo contaxiar o gusto poético e abranguer
competencias que fornezan a imaxinación de riqueza léxica, musical, comunicativa e
motora. A reflexión sobre a implementación do proxecto, xunto coas vivencias no
decorrer da proposta recompíloas nas conclusións a modo de cavilacións persoais
Description
Traballo de Fin de Grao en Mestre en Educación Primaria. Curso 2021-2022
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional



