A literatura do Prestige dende unha perspectiva ecocrítica
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Dende a catástrofe do Prestige no ano 2002 xurdiron en Galicia diferentes manifestacións literarias que teñen como tema central a crise medioambiental que supuxo; este traballo pretende facer unha achega a esta literatura do Prestige dende un punto de vista ecocrítico. Para comezar, fa rase unha breve introdución ao tema, contextualizando o desastre ecolóxico nas súas coordenadas históricas e sociais e o papel da ecocrítica nos estudos literarios. A continuación, trataranse as principais teorías sobre as que se desenvolverá o traballo: dunha banda, o medioambientalismo dos pobres como unha forma de resistencia social ante a violencia lenta, permitida ou favorecida polos organismos oficiais. Doutra banda, os estudos sobre a petrocultura e a petroliteratura, que analizan en termos culturais e literarios o impacto da industria petrolífera, dende os conflitos internacionais por causa deste recurso ata os desastres asociados a el. A parte central do traballo ocuparase da análise da literatura do Prestige, en base á teoría anterior e a partir das dúas principais antoloxías nas que está recollida: Negra sombra: intervención poética contra a marea negra e Alma de beiramar: a Asociación de Escritores en Lingua Galega en contra da marea negra. Oeste xeito, será posible estudar nos textos o discurso medioambientalista das autoras e autores galegos e o trata mento da grande crise que supuxo a marea negra
Description
Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2017-2018
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








